Aymerich: “O comercio é un dos grandes sectores damnificados pola política do Partido Popular”

Aymerich: “O comercio é un dos grandes sectores damnificados pola política do Partido Popular”

O cabeza de lista do do BNG pola provincia de Pontevedra, Carlos Aymerich, denunciou hoxe que o pequeno e mediano comercio é un dos grandes sectores damnificados pola política do PP nestes tres anos e medio de goberno na Xunta”. Pola contra, destacou que o Bloque Nacionalista Galego aposta por “unha política completamente distinta” que protexa o comercio tradicional e fomente a comercialización dos nosos produtos.

“Dixeron que non ían subir impostos e os subiron: subiron o IVE e os impostos que gravan a actividade comercial, como o canon da auga, que castiga especialmente a hostelería e o pequeno comercio”, criticou Aymerich durante un acto celebrado esta mañá en Sabarís.

O nacionalista constatou a existencia dunha política en materia de horarios e de licenzas “claramente favorable ás grandes superficies comerciais en detrimento do pequeno comercio”. Neste sentido apuntou que o goberno de Feijoo en materia de comercio caracterizouse pola submisión ás políticas impulsadas polo Goberno do Estado que invaden as compe¬tencias exclusivas que en materia de comercio interior ten a Xunta de Galiza.

“E o goberno galego, en lugar de plantarse, amosou unha actitude cómplice con esas decisións que agudizan aínda máis a crise do comercio tradi¬cional en Galiza”, acusou Aymerich. Fronte a esta actitude, asegurou que dende o BNG “apostamos por unha política que faga do comercio un dos intrumentos e unha das ferramentas para poñer o país a producir e que Galiza se desenvolva”.

Plan sectorial

O candidato do BNG comentou asemade que unha das prioridades dos nacionalistas e a elaboración dun plan sectorial de equipamentos comerciais co obxecto de acadar un nivel axeitado de equipamento comercial e unha correcta distribución territorial dos estabelecementos. “Cómpre asegurar a necesaria accesibilidade de toda a poboación a unha oferta comercial equilibrada e suficiente”, destacou.