O BNG vota en contra da Medalla da Cidade ao rexeitar o pleno que se dea aos traballadores do naval

O BNG vota en contra da Medalla da Cidade ao rexeitar o pleno que se dea aos traballadores do naval

Iolanda Veloso subñliñou que son os máis merecedores da distinción porque son quen segue loitando pola supervivencia do sector 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vigo, 21 de marzo de 2014.- O grupo municipal do BNG votou en contra da Medalla da Cidade despois de que nin PSOE nin PP aceptaran a proposta defendida pola portavoz nacionalista de que este galardón se concedese aos traballadores e traballadoras do sector naval. Iolanda Veloso subliñou que “son os traballadores os que teñen que recibir esta medalla porque son os que seguen loitando pola súa supervivencia”.

Segundo destacou a voceira do Bloque, a concesión da Medalla da Cidade “non pode ser utilizada para pechar unha crise dun sector fundamental para Vigo provocada por decisións políticas”. Asemade Iolanda Veloso criticou que a proposta do BNG non fose sometida a votación e soamente fose votada a proposta do goberno local.

A portavoz nacionalista destacou que o naval é un sector todavía en crise e que son os traballadores e traballadoras quen están sufrindo en maior medida as súas consecuencias. Así, lembrou que continúan manifestándose reclamando carga de traballo, e moitos deles están regulados e xa non teñen ningún tipo de subsidio.

Situación inédita

Iolanda Veloso salientou, por outra banda, que a concesión da medalla a un sector é unha situación inédita na cidade, en tanto que “por primeira vez se concede a un sector e non a unha persoa ou unha entidade”. Sinalou ala mesma apuntou que esta decisión tal e como foi trasladada na xunta de portavoces “complica a propia concesión da medalla”.

Precisamente sobre a xunta de portavoces sinalou que se trasladou a proposta de conceder a Medalla da Cidade ás empresas do sector naval “sen ningún informe por escrito”.

O BNG vota en contra da Medalla da Cidade ao rexeitar o pleno que se dea aos traballadores do naval