Veloso: “Coa expulsión dos veciños de Teis o alcalde consuma a privatización dos centros cívicos"

Veloso: “Coa expulsión dos veciños de Teis o alcalde consuma a privatización dos centros cívicos"

A portavoz municipal do BNG defende a xestión realizada pola veciñanza ao longo dos 12 anos á fronte da entidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAVigo, 14 de abril de 2014.- A portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, e o concelleiro Santi Domínguez mantiveron esta mañá unha xuntanza coa directiva da asociación veciñal de Teis para falar da “práctica situación de desafiuzamento do Centro Cívico por parte do goberno local”, segundo explicou Veloso. A voceira expresou o apoio do Bloque á asociación e anunciou que esta tarde o BNG participará na concentración de protesta que se celebrará diante da entidade a partir das 19 horas.

“Co apoio do PP, o Partido Socialista conseguiu rematar a privatización dos centros cívicos da cidade, sacando do centro de Teis á asociación veciñal, que levaba 12 anos xestionándoo”, criticou a voceira do Bloque, quen puxo en valor o traballo realizada pola asociación veciñal ao longo destes anos, asegurando que “sempre é máis próxima á cidadanía”.

Emenda do BNG

Iolanda Veloso lembrou que o ano pasado unha das emendas presentadas polo BNG aos orzamentos municipais tiña o obxectivo de manter o convenio coa asociación de veciños de Teis para que continuaran coa xestión. “Pero este ano, coa negociación entre PP e PSOE xa se materializou a privatización dos centros cívicos”, subliñou. Neste sentido recordou que “a privatización é unha das políticas estrela do PP e nos orzamentos o alcalde asumiu as propostas dos populares”.

“O goberno pretende substituír a xestión da asociación veciñal por unha empresa”, denunciou o secretario da asociación veciñal de Teis, Anxo Iglesias, quen salientou que a xestión efectuada por esta asociación “aí estᔠe se pode comprobar na gran cantidade de actividades desenvolvidas tal e como reflexan as memorias anuais. “Está claro que o alcalde non quere unha sociedade participativa senón submisa”, manifestou.

 

Veloso: “Coa expulsión dos veciños de Teis o alcalde consuma a privatización dos centros cívicos"