O BNG critica a visión “acomplexada e casposa” do Goberno local e reivindica un entroido en Vigo “desde o amor propio”

A figura viguesa dos "Mederdeiros" é unha tradición do entroido urbano galego.
A figura viguesa dos "Mederdeiros" é unha tradición do entroido urbano galego.

_“Se queremos ser un referente a nivel internacional temos que poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma, que nos conecta coa Lusofonía”, demanda o candidato nacionalista á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

_O Bloque pide ao goberno municipal que apoie a recuperación e popularización do entroido tradicional galego en Vigo e un maior apoio ao tecido cultural e veciñal que fai posíbel a súa celebración nos barrios e parroquias.

O BNG critica a visión “acomplexada e casposa” do Goberno local e reivindica un entroido en Vigo “desde o amor propio”

O BNG de Vigo criticou hoxe os anuncios realizados polo alcalde da cidade a respeito da programación do entroido.  Xabier P. Igrexas, candidato nacionalista á alcaldía de Vigo, valorou negativamente a decisión de Abel Caballero de reducir a celebración a unha “verbena coas actuacións dunha coñecida cantante de pop español e unha banda de rock madrileña”. “Con decisións deste tipo o goberno municipal promove unha visión algo impostada e forzada que volve demostrar, unha vez máis, que ten unha visión cultural raquítica, acomplexada e con todo respeito, algo casposa” di o candidato nacionalista.

Pérez Igrexas recorda que somos unha das poucas cidades galega cunha figura tradicional do entroido urbano, como son ‘os Merdeiros’, que foron recuperados hai poucos anos despois de ficar practicamente desaparecida desde os anos 20 do século pesado. Neste sentido, reivindicou “poñer en valor e potenciar o entroido vigués, cun forte acervo popular e con importante celebración en todos os barrios e parroquias da cidade”. Fronte a contratación de dous espectáculos con grupos musicais foráneos, Igrexas demandou “valorizar as comparsas, as coplas de entroido e os pasarrúas” e apoiar con determinación ao “tecido cultural e veciñal que fai posíbel o entroido vigués“

Tamén fai referencia o candidato do Bloque á intención de Abel Caballero de comparar o noso entroido co popular Carnaval de Río de Janeiro en Brasil. “Se se quere dimensionar o noso entroido hai que facelo desde o amor propio, dende a valorización de todo o que nos caracteriza”, reclamou. E é que para Igrexas, Vigo, como parte de Galiza, disfruta dunha vantaxe que é unha enorme potecialidade polo feito de “termos un idioma propio que nos conecta cunha comunidade de 200 millóns de falantes en todo o mundo, o mesmo que falán en Río”, enfatizou en alusión á lusofonía. “Temos que poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma e temos que conectalo con esa enorme comunidade internacional que partilla a nosa mesma visión”, sentencia.

Unha aposta polo noso

Para Igrexas o goberno municipal ten que superar esa visión “acomplexada e provinciana” e que non está á altura da nosa cidade. “Se dalgo ten que ser escaparate o entroido de Vigo é da enorme potencia de creación musical que temos, con grupos propios que apostan pola nosa cultura”, remacha. O candidato do BNG lamenta que levamos anos padecendo esta situación tamén na programación das festas de verán e chama a non “aldraxar o noso entroido”.