O BNG cualifica de “intolerábel” a negativa de Concello de Vigo e Portos do Estado de informar á comisión de investigación do Marisquiño

Vista dunha reunión coa plataforma de afectadas/os do Marisquiño
Vista dunha reunión coa plataforma de afectadas/os do Marisquiño

“A cidadanía merece saber que pasou para que non se repita nun futuro” asegura o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas

O Bloque exixe que Concello, Portos e Zona Franca cooperen porque “teñen a obriga de facelo”

 O BNG cualifica de “intolerábel” a negativa de Concello de Vigo e Portos do Estado de informar á comisión de investigación do Marisquiño

A investigación aberta polo accidente ocorrido o pasado 13 de agosto durante o Marisquiño, está a atopar agora serias trabas por parte das administracións implicadas. Iso é o que denuncia o BNG tras a postura adoptada por Concello, Portos do Estado e Zona Franca de non cooperaración para esclarecer uns feitos que se feriron 467 persoas.

O candidato á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas califica a negativa de remitir a documentación que lle foi solicitada pola comisión de investigación aberta no Parlamento Galiza de “intolerábel”.  “Estamos diante dunha decisión indefendíbel e una grave falta de respeto tanto ás vítimas como á cidadanía que ten dereito a saber que foi o que pasou, por que é ter a seguridade de que non se vai repetir nun futuro”, manifestou.

As administracións implicadas na comisión de investigación e ás que se lles require documentación importante para poñer luz ó sucedido están a bloquear o proceso: “O PSOE, en troca de colaborar activamente para que se saiba a verdade, está a dinamitar a investigación”, di Igrexas, que pide que rectifiquen e deixen de lado as cores en prol da cooperación activa porque “teñen a obriga de facelo”. 

As vítimas, cada vez máis desatendidas

O candidato á alcaldía dí que as vítimas seguen a padecer a desatención e o abandono total e absoluto das administracións que son incapaces de amosar unha actitude cooperativa para chegar ao fondo do asunto, algo que demostra unha total falta de sensibilidade cos afectados. Insiste na importancia de traballar en común “tamén para poñer en marcha medidas que garantan a seguridade da cidadanía e “ter a certeza de que algo así non volva pasar”.