Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que deixar de enganar o persoal en folga da XER”

xer02
[Foto: Atlántico]

O candidato do BNG á alcaldía, exixe ao Concello que efectivice o acordo plenario e resolva o contrato con Dornier-Empark.

O Bloque propón a creación dunha empresa municipal de servizos como primeiro paso para a remunicipalización da XER.

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que deixar de enganar o persoal en folga da XER”

O BNG de Vigo vén de reiterar o seu apoio ao plantel da Xestión de Estacionamento Regulado (XER) que levan en folga indefinida desde hai 79 días. O candidato nacionalista ás eleccións municipais, Xabier P. Igrexas, achegouse hoxe até as dependencias da XER onde o persoal iniciou un encerro indefinido que irá acompañado dunha folga de fame. Alí, Igrexas mantivo un encontro informal con responsábeis sindicais que volveron denunciar a falta de avances na tramitación do expediente de resolución do contrato en cotnra da conceisonaria Dornier-Empaq, após esta despedir de xeito arbitrario 8 traballadores. 

“O Goberno municipal ten que deixar de enganar o persoal da XER. É intolerábel que a única resposta do Concello a traballadores dun servizo que é municipal sexa un permanente 'volva vostede mañá', con promesas de prazos que se incumpren unha e outra vez”, denunciou Pérez Igrexas. O candidato reclamou “transparencia” a respeito das xestións que se están a facer. “O persoal en folga, as súas familias, pero tamén o conxunto da cidadanía temos dereito a saber que se ten feito”. Emporiso, Igrexas demandou que o Goberno municipal mostre publicamente o expediente administrativo e se explique “en que punto está exactamente, que trámites faltan”. 

Desde o BNG temen que a política de “permanente dilación” do Goberno local acabe por colocar nunha situación límite ao persoal da XER, que xa acumulan perdas económicas que de preto de 5 mil euros desde o inicio da folga. 

Empresa municipal de servizos

A fronte nacionalista volveu demandar que para alén de axilizar de maneira urxente a resolución do contrato da actual concesionaria, que asumiu o servizo cunha oferta que “raiaba de maneira evidente nunha baixa temeraria dos custes”, cunha rebaixa do 30%, é “imprescindíbel avanzar cara a remunicipalización do servizo”. Neste sentido, o Bloque propón que o Concello de Vigo inicie a constitución dunha empresa municipal de servizos, para dispor do instrumento legal que poida facilitar o retorno a unha xestión cento por cento público dun servizo, o da XER, “que non só é sostíbel económicamente senón que recolle importantes beneficios cada ano”. 

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que deixar de enganar o persoal en folga da XER”