O Bloque denuncia “unha estratexia clara” do PP para afundir o Marco ao non asistir ao Padroado

O Bloque denuncia “unha estratexia clara” do PP para afundir o Marco ao non asistir ao Padroado

O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, denuncia a estratexia do Partido Popular que busca afundir o museo Marco. Así o considera o nacionalista despois de que na xuntanza do Padroado do museo, convocado para esta tarde, non se presentara ningún representante do ministerio de Cultura, nin da Xunta de Galiza nin da Deputación de Pontevedra, ao igual que o representante do PP no Padroado, o concelleiro Roberto Relova.

“O ministerio de Cultura e Xunta adébedan cartos ao Marco, o presidente da Deputación di que o problema é o alcalde de Vigo, e ningún deles está aquí”, critica Xabier Alonso, para quen a ausencia dos representantes populares pon de manifesto un “claro boicot das institucións nas que o PP ten representación” hacia o museo vigués.

Ademais, o nacionalista destaca que o PP ten un “total desprezo pola cultura”, polo que asegura que os seus representantes son capaces de facer “calquera cousa con tal de que desapareza”. Para o concelleiro do BNG resulta lamentable que os populares “antepoñan os seus intereses partidistas diante do mantemento dun referente cultural de Vigo como é o Marco”.

O Bloque denuncia “unha estratexia clara” do PP para afundir o Marco ao non asistir ao Padroado