O Bloque denuncia que a política económica do PP impiden que a cidadanía poida acceder ao emprego

O Bloque denuncia que a política económica do PP impiden que a cidadanía poida acceder ao emprego

Serafín Otero valora os datos da EPA e destaca que é necesaria "unha emenda á totalidade"

 

Vigo, 23 de xaneiro de 2015.- O candidato do BNG ás vindeiras eleccións municipais, Serafín Otero, salientou que a EPA do último trimestre confirma que en Vigo cada vez son menos as persoas que teñen emprego, xa que hai 15.500 persoas menos con traballo que hai cinco anos. Ao seu xuízo, estes datos “insisten na urxencia dun cambio radical nas políticas económicas que aplica o Partido Popular na Xunta e en Madrid, ao ditado da Troika”.

“Aproximámonos cara aos 40.000 parados e paradas na cidade, unha cifra insoportábel que é reflexo da situación da nosa industria”, subliñou Serafín Otero, para quen coa precarización do emprego, a rebaixa dos salarios e o aumento da temporalidade, “non só non diminúe o paro, senón que cada vez son menos as persoas que poden traballar e as que o fan apenas poden subsistir”.

Segundo o candidato nacionalista, “é urxente unha emenda á totalidade das políticas antisociais e antiobreiras do PP, que durante estes anos só beneficiaron ao grande empresariado e á banca”. Otero defende a “imprescindible” posta en en marcha das enormes capacidades produtivas que ten a nosa cidade, no naval, na industria, na automoción, pero tamén a nivel tecnolóxico e na innovación. “Medidas como a creación dunha corporación industrial pública galega e dunha banca pública, como levamos moito tempo a propoñer desde o BNG,  permitirían poñer freo á desertización industrial que padecemos", afirmou.

 

O Bloque denuncia que a política económica do PP impiden que a cidadanía poida acceder ao emprego