O Bloque protesta contra os recortes en servizos sociais no Día Internacional da Discapacidade

O Bloque protesta contra os recortes en servizos sociais no Día Internacional da Discapacidade

O BNG vigués participou este luns na concentración convocada contra os recortes nos servizos sociais con motivo do Día Internacional da Discapacidade, que se conmemora hoxe. O portavoz municipal nacionalista, Santi Domínguez, criticou a “insensibilidade do Partido Popular cos colectivos máis indefensos diante da actual crise económica”.

O nacionalista manifestou que o PP, coas súas decisións, “está desaloxando da sociedade real ás persoas menos favorecidas”. Para Santi Domínguez é “inaceptable a última desfachatez do goberno”, en relación á retirada de axudas aos coidadores e coidadoras das persoas con discapacidade.

Pola súa banda, a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, criticou que Feijóo, manteña no goberno galego á mesma conselleira que fixo uns “recortes tan brutais en servizos sociais”.

O Bloque protesta contra os recortes en servizos sociais no Día Internacional da Discapacidade