O BNG defende a revisión das ordenanzas para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos

O BNG defende a revisión das ordenanzas para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos

A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, destacou a necesidade de revisar todas as ordenanzas porque ao seu xuízo “é necesario facer un esforzo para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos”. En resposta aos medios sobre o pleno de mañá, Iolanda Veloso asegurou que o BNG “non está en contra desa ordenanzas” pero si considera que a postura do goberno local “é incomprensible”.

“Mañá o goberno só leva dúas taxas a pleno, máis non sabemos que quere facer e por que non quere debater”, comentou a portavoz nacionalista, quen destacou que o Bloque seguirá insistindo “na necesidade de debater sobre todas as ordenanzas municipais para que a cidadanía e a oposición teñamos a oportunidade de presentar emendas e alegacións”.

Iolanda Veloso sinalou que mañá “será o momento” de lembrarlle ao alcalde o acordo plenario que o insta a levar o conxunto das ordenanzas a pleno. “Mañá iníciase o proceso para aprobar inicialmente dúas taxas, pero para nós iso non é determinante”, concluíu.