CORONAVIRUS

O BNG demanda que o Goberno municipal de Vigo realice un control exhaustivo das medidas preventivas na obra pública da cidade

A fronte nacionalista advirte que se están a detectar obras e actuacións de mantemento nas que o persoal traballa sen EPI e sen gardar as distancias de seguridade.

Instan a actuar con “prudencia e responsabilidade” á hora de despregar novas actuacións e iniciar a execución de obras.

O BNG demanda que o Goberno municipal de Vigo realice un control exhaustivo das medidas preventivas na obra pública da cidade

O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que se demandarán, a través do Comité de Seguimento da Covid 19, que o Goberno municipal realice un “control exhaustivo” de cómo se están a desenvolver as obras públicas do Concello despois de ter detectado que non se están a garantir as debidas medidas preventivas fronte ao coronavirus.

“O BNG xa advertimos que non se estaba en condicións de reiniciar as obras públicas na cidade e o que estamos a ver en moitas obras, e tamén en actuacións de mantemento, é que o persoal non conta cos EPI necesarios nin se están a garantir as distancias mínimas de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias”, explicou o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas.

Nese sentido, demandan que o Goberno municipal ten que actuar para garantir que nas obras contratadas polo Concello non se pon en risco a saúde dos traballadores e das traballadoras. Aliás, reclaman que se actúe con “prudencia e responsabilidade” á hora de autorizar novas actuacións, como os asfaltados anunciados nas últimas horas, mentres non se asegure un subministro suficiente de material de protección. “Baixo ningún concepto un investimento municipal pode provocar un risco de contaxio para traballadoras e traballadores”, remacha Igrexas.

O BNG demanda que o Goberno municipal de Vigo realice un control exhaustivo das medidas preventivas na obra pública da cidade