O BNG insta ao goberno a chegar a acordos para que a reforma de Balaídos inclúa todo o contorno

O BNG insta ao goberno a chegar a acordos para que a reforma de Balaídos inclúa todo o contorno

A formación nacionalista apoiará a remodelación porque entende que cómpre garantir a seguridade das persoas pero defende que o proxecto contemple outras actuacións necesarias

 

rolda moción balaídosVigo, 20 de febreiro de 2015.- A portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, e o concelleiro Xabier Alonso presentaron a moción urxente que o BNG levará ao vindeiro pleno, ao fío da modificación orzamentaria que presenta o goberno sobre a remodelación de Balaídos e outros campos. O Bloque anunciou que dará o seu apoio a esta proposta porque “é importante garantir a seguridade de quen acuda ao campo”.

“Aprobaremos a modificación orzamentaria pero instamos ao goberno local a que chegue a acordos”, subliñou Xabier Alonso, quen explicou que eses acordos non só se refiren ao campo de fútbol, senón tamén ao seu contorno para solucionar por exemplo os problemas de aparcamento.

Tomadura de pelo

O concelleiro nacionalista destacou ademais que para o BNG é “unha tomadura de pelo que a Xunta leve seis anos prometendo o arranxo das pistas de atletismo e fixo referencia as diversas declaracións do secretario xeral para o Deporte prometendo investimentos “que a día de hoxe non están cumpridos”, criticou.

“Pedimos que dunha vez se execute o investimento nas pistas de atletismo para que a reforma sexa integral e contemple o módulo cuberto que necesitan”, destacou Alonso na súa intervención, xa que para o edil do Bloque é indispensable que a reforma de Balaídos non se limite a remodelar o estadio.

 

O BNG insta ao goberno a chegar a acordos para que a reforma de Balaídos inclúa todo o contorno