O BNG insta ao goberno local a tomar medidas globais para solucionar o problema de aparcamento

O BNG insta ao goberno local a tomar medidas globais para solucionar o problema de aparcamento

A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o concelleiro Santi Domínguez mantiveron este xoves unha reunión con representantes dos traballadores da XER. Segundo explicou a nacionalista, os traballadores concordan coa postura xa manifestada polo BNG de oposición á eliminación da rotación, ao considerala unha medida meramente recadatoria lonxe de solucionar o problema da mobilidade.

“O BNG insta ao goberno municipal a que tome medidas globais para solucionar o problema do aparcamento na cidade, e non medidas puntuais e anecdóticas”, salientou a portavoz municipal nacionalista, ao tempo que asegurou que existen alternativas diferentes que pode tomar o goberno, como é a negociación coas concesionarias dos aparcamentos públicos, “igual que se fai noutros casos”, puntualizou.

Problemas dos traballadores

Segundo explicou Iolanda Veloso tras a xuntanza, os traballadores da XER amosaron o seu total acordo coa posición do BNG e sinalaron a existencia de diversos problemas no servizo, como de control das rotacións e de incumprimento do prego de condicións.

Ademais, os traballadores amosaron a súa preocupación polo mantemento dos postos de traballo no caso de que se elimine a rotación, tendo en conta que o convenio colectivo remata o vindeiro ano. “Transmitímoslles que o BNG defende sempre as condicións laborais dos traballadores e traballadoras das concesións municipais”, destacou a nacionalista ao respecto.

O BNG insta ao goberno local a tomar medidas globais para solucionar o problema de aparcamento