O BNG reclama á Xunta que derogue o canon da auga e esixe a revisión tarifaria ao goberno local

O BNG reclama á Xunta que derogue o canon da auga e esixe a revisión tarifaria ao goberno local

Tras lamentar que o PP non quixera debater conxuntamente as respectivas mocións de PSOE e PP sobre o canon de auga e a modificación da tarifa respectivamente, Santi Domínguez defendeu a coherencia do BNG no planteamento deste tema. Por unha banda subliñou que o actual incremento do recibo é debido á imposición do novo imposto por parte da Xunta de Galiza, como é o canon, “por un afán meramente recadatorio” e por outra defendeu a modificación do sistema tarifario actual.

O portavoz municipal do BNG criticou a “desfachatez política do PP” ao esixir neste tema o cumprimento dos acordos plenarios, cando precisamente a corporación tamén aprobou reclamar á Xunta a derogación do canon da auga e os concelleiros populares “non din nada en contra dun imposto totalmente inxusto”. Amosando dúas facturas correspondentes a unha familia de tres integrantes nas que se reflicte o aumento do importe a pagar por mor do canon, o nacionalista dixo en referencia aos populares que “vostedes están absolutamente deslexitimados para pedir que este goberno cumpra os acordos plenarios” ao non pedir que a Xunta derogue o canon.

Beneficioso para a cidadanía

Santi Domínguez subliñou que o BNG reclama ao goberno galego que derogue ese novo imposto ao mesmo tempo que lle esixe ao goberno local que presente un estudo de revisión da tarifa da auga. “Pero avisamos de que non nos vale calquera estudo”, destacou. Neste sentido apuntou que ao Bloque non lle servirá un sistema que beneficie aos pisos baleiros ou que grave ás familias con máis integrantes. “Queremos que presenten de inmediato un estudo, pero queremos que beneficie á maioría da cidadanía, ás rendas máis baixas e ás familias con máis membros”, destacou.

Finalmente, a moción presentada polo grupo municipal socialista que insta á Xunta a derogar o canon da auga resultou aprobada cos votos a favor de BNG e PSOE, mentres que a proposta presentada polo PP para que o goberno local inicie os trámites de modificación da tarifa resultou aprobada por unanimidade.

O BNG reclama á Xunta que derogue o canon da auga e esixe a revisión tarifaria ao goberno local