O BNG reclama á Xunta que garanta os postos de traballo de mantemento do Meixoeiro

O BNG reclama á Xunta que garanta os postos de traballo de mantemento do Meixoeiro

Carme Adán critica que o Sergas decida eliminar este servizo cando entre en funcionamento o novo hospital

Iolanda Veloso alerta dos problemas na sanidade viguesa consecuencia da reordenación do sistema que executa o PP

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERAVigo, 21 de novembro de 2014.- A deputada no Parlamento galego, Carme Adán, e a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, reclamaron á Xunta de Galiza que garanta a continuidade do servizo e os postos de traballo de todo o persoal de mantemento do Hospital do Meixoeiro, cando entre en funcionamento o novo hospital de Vigo. Ademais, as responsables nacionalistas expresaron a súa solidariedade en nome do Bloque coss traballadores e traballadoras en folga.

“Os traballadores e traballadoras do servizo de mantemento do Meixoeiro non teñen clara a súa continuidade unha vez que entre en funcionamento o novo hospital”, denunciou Carme Adán, quen destacou que o grupo parlamentar do Bloque presentou diversas iniciativas no Parlamento galego demandando solucións a este problema.

A deputada nacionalista explicou que xa mantivo unha xuntanza cos empregados afectados, máis de corenta, que “viven todos os días coa incerteza sobre o seu posto de traballo”, despois de ver como o servizo se adxudicaba rozando a baixa temeraria e poñendo en risco a súa calidade e o salario. “É lamentable que o xerente non se comprometera a manter estes postos de traballo”, engadiu ao respecto.

“Demandamos que o goberno galego se reúna cos traballadores, paralice cautelarmente a concesión e garanta os seus postos de traballo”, resaltou Carme Adán, quen criticou tamén que descoñecen os motivos polos que a xerencia da área sanitaria de Vigo decide eliminar este servizo. “O mantemento terá que seguir, porque os edificios non se manteñen sós”, comentou.

Privatización da sanidade

Iolanda Veloso, pola súa banda, expresou criticou que o modelo de financiamento privado elixido polo goberno galego na reordenación sanitaria da área de Vigo ten “graves consecuencias laborais e de prestación sanitaria de calidade” nos hospitais vigueses.

Para a voceira do Bloque, este é un paso máis dos que está dando o PP no seu obxectivo de privatizar a sanidade viguesa.os traballadores e traballadoras sexan excluidos da reordenación dos servizos que se está deseñando e poderíanse ver despedidos/as por finalización do obxecto do seu contrato. Situación esta absolutamente inxustificábel cando é obvio que tanto o Hospital Meixoeiro como o novo Hospital necesitan e terán servizo de mantemento.

Porén, Veloso non só responsabilizou ao PP desta situación. Tamén salientou que no goberno local, en mans do PSOE, “non hai defensa da sanidade pública”. Segundo denunciou, “non só acontece que co pacto non se resolveron os problemas da cidade, senón que ademais serve para seguir privatizando a sanidade”.