O BNG de Vigo critica a permanente improvisación do Goberno municipal co novo parque de bombeiros

Demandarán explicacións a respeito dos plans dun eventual traslado do parque de Balaídos á antiga depuradora de Coruxo.

Xabier P. Igrexas: “Deixen de xogar cos bombeiros, porque é tanto como xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”.

O BNG de Vigo critica a permanente improvisación do Goberno municipal co novo parque de bombeiros

O Bloque Nacionalista Galego anunciou que demandará explicacións a respeito do cambio de criterio do Goberno municipal en relación á ubicación do novo parque de bombeiros na cidade. Após transcender a posibilidade dun inminente traslado do parque de Balaídos ás instalacións da antiga depuradora en Coruxo, o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou a "nefasta xestión" da área de Seguridade en relación ao corpo de bombeiros.

"Durante anos Abel Caballero prometeu que o novo parque de bombeiros se construiría en Bouzas. O pasado mes de xullo deron o primeiro bandazo e en lugar de Bouzas decidiron que sería en Esturáns, nunha localización que tal e como advertiron os propios bombeiros e mais o BNG non reunía as condicións axeitadas. E agora vemos como están pensando en utilizar a antiga depuradora de Coruxo", explicou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista demandou "seriedade" e poñan fin á "permanente improvisación" na xestión deste servizo esencial para a seguridade da cidade e reclamou que o Goberno local explique os motivos deste novo cambio de criterio. "Que deixen de xogar cos bombeiros, porque é tanto como xogar coa seguridade das viguesas e vigueses", esixiu.

O BNG de Vigo critica a permanente improvisación do Goberno municipal co novo parque de bombeiros