O BNG de Vigo insta a corrixir a toponimia deturpada en sinais viarios da cidade

Denuncian a existencia de sinais que indican “Orense” ou “Bayona”.

Xabier P. Igrexas Igrexas: “O desleixo municipal nesta cuestión só responde ao desprezo do actual Goberno local co noso idioma”

O BNG de Vigo insta a corrixir a toponimia deturpada en sinais viarios da cidade

O Bloque Nacionalista Galego insta o Concello de Vigo a corrixir os sinais viarios onde figuran topónimos deturpados en diferentes ámbitos da cidade.

Así o demandou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, na última Comisión Informativa de Normalización Lingüística, sinalando que se debe dar cumprimento á normativa legal que obriga a respeitar as denominacións xenuinamente galegas dos lugares.

“Vemos como seguen a manterse sinais viarios onde se indica ‘Orense’ ou ‘Bayona’, na avenida do Arquitecto Palacios, ou ‘San Andrés de Comesaña’, na PO-552, ou a reiterada utilización de ‘Valladares’ ou ‘Bao’, en lugar dos seus topónimos correctos”, denunciou o portavoz municipal nacionalista.

Igrexas lembrou o esforzo feito durante anos por diferentes entidades e institucións, entre elas o servizo de Normalización do propio Concello de Vigo, para a recuperación e posta en valor da toponimia e microtoponimia local. “O desleixo municipal nesta cuestión só responde ao desprezo do actual Goberno co noso idioma”, denunciou.

O BNG de Vigo insta a corrixir a toponimia deturpada en sinais viarios da cidade