Santi Domínguez esixe o rescate do novo hospital para o financiamento público da obra e da xestión

Santi Domínguez esixe o rescate do novo hospital para o financiamento público da obra e da xestión

O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, subliñou este venres a nececesidade de que a Xunta elabore unha estratexia “de rescate para o financiamento público da obra e xestión do novo Hospital de Vigo”. O nacionalista salientou que o BNG vén de presentar no Parlamento galego unha Proposición non de lei para que se asuma “dende o consenso” o proxecto que a Área sanitaria de Vigo demanda.

O BNG considera, neste sentido, que o goberno de Núñez Feijoo debe actuar de maneira responsable e de consenso con profesionais e grupos parlamentarios para acadar unha alternativa non gravosa nas arcas públicas, o rescate da obra para o financiamento e xestión pública é “máis urxente que nunca” é a única garantía, defenden os autores da iniciativa para que o centro remate no tempo e nas condicións que a Área sanitaria de Vigo precisa.

Santi Domínguez lembra que o BNG xa alertou hai tempo do “fracaso do PFI” para o sistema público sanitario e que este fracaso xa é recoñecido pola propia concesionaria. "O grave é que esta situación ten como consecuencia o incumprimento das promesas e prazos fixadas polo presidente da Xunta", critica o nacionalista, polo que reclama unha actuación urxente do goberno galego.