O BNG de Vigo agradece o traballo feito por Santi Domínguez ao frente do grupo municipal

O BNG de Vigo agradece o traballo feito por Santi Domínguez ao frente do grupo municipal

O Consello Local do BNG de Vigo quere facer público o seu agradecemento ao compañeiro Santi Domínguez polo seu bon facer durante o tempo que viu desempeñando a portavocía do grupo municipal. Tal e como xa se ten trasladado, o cambio de portavocía responde a unha decisión persoal comunicada polo propio Santi Domínguez e que o Consello Local respecta.

Esta decisión trátase, en todo caso, dun exemplo de responsabilidade política que honra a quen leva seis anos exercendo de líder do BNG en Vigo. Non podemos esquecer que na mesma noite das pasadas eleccións municipais (2011) Santi Domínguez púxose a disposición da organización e foi a propia organización quen rexeitou a súa dimisión, considerándoo a persoa máis axeitada para encabezar o grupo municipal. Desde ese momento, temos que recalcar que o BNG vigués en ningún caso contemplou a posibilidade de cambiar de portavoz municipal.

Por último, queremos salientar que nesta nova etapa Santi Domínguez continuará a traballar como concelleiro, acompañando a Iolanda Veloso e Xabier Alonso, na súa vocación de servizo á cidadanía de Vigo e ao proxecto nacionalista que o BNG representa para Galiza.

O BNG de Vigo agradece o traballo feito por Santi Domínguez ao frente do grupo municipal