A militancia do BNG de Vigo reelixe por unanimidade a Serafín Otero como responsábel e portavoz local

Novo Consello Local do BNG de Vigo
Novo Consello Local do BNG de Vigo

_Otero encabezaba a candidatura unitaria que elaborou o Consello Local saínte. A militancia aprobou tamén por unanimidade o Informe Político presentado pola dirección.

_O novo Consello Local do Bloque estará integrado por 25 persoas, con forte presenza de activistas sociais e veciñais e do sindicalismo nacionalista. A súa composición renóvase nun 32% e a mocidade representa o 25%, ademais de garantir a paridade de xénero.

A militancia do BNG de Vigo reelixe por unanimidade a Serafín Otero como responsábel e portavoz local

A asemblea local do BNG de Vigo elixiu na tarde de onte, martes 9 de maio, o novo Consello Local da organización, que estará encabezado por Serafín Otero quen resultou reelixido como responsábel e portavoz local. A candidatura unitaria, elaborada polo Consello Local saínte, integra a pluralidade da fronte nacionalista.

clbng03_O novo organismo de dirección local foi elixido por unanimidade, e estará integrado por 25 persoas mais o ou a representante que designe Galiza Nova. Na súa composición salienta a aposta pola renovación, coa incorporación dun 32% de novos membros e membras, e o reforzamento do papel da mocidade, na medida en que o 25% do novo Consello son persoas menores de 35 anos de idade.  Ademais, o novo vice responsábel local é Alberte Mera, de 30 anos e ex secretario xeral de Galiza Nova. O organismo ten unha forte presenza de activistas dos movementos sociais, o asociacionismo veciñal e o sindicalismo nacionalista. Aliás, a candidatura procurou a paridade de xénero integrando un 45%  de mulleres, distribuídas de maneira intercalada en todos os tramos (titulares e suplentes).

A militancia tamén ratificou a xestión realizada polo Consello Local saínte, resultando aprobado por unanimidade o seu Informe Político, no que se relataba a inxente actividade política desenvolvida pola fronte nacionalista desde marzo de 2016. No informe recóllese como principal conclusión e valoración que “o BNG estivo presente e actuante na cidade de Vigo durante todo este período, despregando unha importante capacidade de iniciativa política a pesar das limitacións (organizativas, materiais e de representación), o que permitiu non só manternos a nivel social como unha opción política senón recuperar a simpatía  e confianza de máis veciñanza. Sob este traballo realizado, ábrese un escenario de oportunidades para a definitiva consolidación e relanzamento do proxecto nacionalista na nosa cidade”.

clbng02Na súa intervención diante da asemblea, o reelixido responsábel local defendeu que o BNG está “nas mellores condicións” para encarar os reptos dos vindeiros anos. Entre eles salientou, loxicamente, a celebración das próximas eleccións municipais, en maio de 2019. Unha cita coas urnas que o BNG encara co obxectivo “non só de recuperar a representación municipal, senón de acadar unha moi boa presenza”. Neste senso, Otero destacou estes dous últimos anos deixaron en evidencia “a diferenza entre que o BNG estea ou non no pleno municipal”. “A veciñanza e os colectivos sociais son hoxe plenamente conscientes de que co BNG no Pleno habería unha oposición exixente ao desgoberno de Caballero pero tamén se porían enriba da mesa propostas e alternativas ao servizo da cidade”, defendeu.

Para a nova etapa que se abre, os obxectivos do BNG de Vigo, para alén de consolidar a recuperación electoral iniciada nas pasadas eleccións galegas, pasan polo reforzamento organizativo, aumentando a afiliación, reforzando a implantación territorial a través dos grupos de barrio, e o estreitamento da xa intensa relación e cooperación cos movementos sociais da cidade.

Composición do novo Consello Local do BNG de Vigo:

  1. Serafín Otero Fernández        
  2. Alberte Mera García        
  3. Belén García Suarez
  4. Cristina Hermida Moinelo
  5. Xabier Pérez Igrexas
  6. Ana Belén Martínez Piñeiro
  7. Diego Santorio Moscoso
  8. Maribel Tato Sanchez
  9. Xesús López Carreira 
  10. Félix Caride Correa
  11. Tino Lago Vargas
  12. Lidia Fariña Piñeiro
  13. Borxa González Castro
  14. Chelo Lago Mariño
  15. Adrián Rodríguez Bravo
  16. Manuel Caride Correa
  17. Sefi Romero Alvarez
  18. Xosé Manuel Atanes Limia
  19. Xosé Antonio González Azpeitia
  20. Cristina Fojo Campos
  21. Xoán Carlos Rodríguez Vila
  22. Amparo Alonso Sanchís
  23. Xandra Martínez Rodríguez 
  24. Anxo Igrexas Covelo
  25. Lois Pérez Castrillo

Integrarase tamén unha persoa designada como representante de Galiza Nova. 

Suplentes:

  • Nerea Edreira Miranda
  • Xosé Sánchez Blázquez
  • Raquel Pérez Fernández
  • Eduardo Ruanova Dávila
  • Ana Pérez Dávila
  • Cristovo Vidal Fernández
  • Andrea Tato Boullón
  • Xosé Carlos de la Fuente Estévez
  • Patricia Maquieira Gomez                   
  • Xosé Saiáns Torrado
  • Elsa Quintas Alborés
  • Begoña Portilla Alonso 
  • Xerome Calero Prado