Aymerich afirma en Cuntis que cómpre poñer a Galiza a producir fronte ao fracaso do goberno do PP

Aymerich afirma en Cuntis que cómpre poñer a Galiza a producir fronte ao fracaso do goberno do PP

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, destacou que fronte ao fracaso do goberno do PP “o BNG quere poñer a Galiza a producir”, aproveitando os seus recursos naturais e as súas potencialidades para crear riqueza e emprego. Nun mitin en Cuntis, no que tamén participaron Mar Vila, candidata 8 da lista, e Pablo Carracedo, responsable do BNG local, o nacionalista expresou o compromiso do Bloque cos sectores produtivos galegos, dende o marítimo e naval ao rural e o termalismo, pasando pola innovación e a política enerxética.

Carlos Aymerich destacou que é unha prioridade producir alimentos de calidade, pero tamén “establecer prezos xustos que nos permitan ter un sector rural vivo e un país territorialmente equilibrado”. Ao seu xuízo, a crise actual pon de manifesto os límites dun modelo produtivo de carácter especulativo, “polo que é tamén unha oportunidade para redefinir o noso modelo produtivo”, apuntou.

“Cómpre defender un modelo propio de desenvolvemento agrario e rural de xeito que a configuración desta política Unión Europea debe corrixir os fortes desequilibrios existentes entre sectores e países”, subliñou Aymerich. Neste sentido, a candidata Mar Vila comentou que sen renunciar á eficiencia produtiva o modelo que defende o BNG ten que poñer o acento no res¬pecto ao medio ambiente, a calidade dos alimentos e as funcións sociais e territoriais da actividade agraria.

Aymerich afirma en Cuntis que cómpre poñer a Galiza a producir fronte ao fracaso do goberno do PP