O Bloque rexeita que se faga viguesa distinguida a unha entidade antiabortista

O Bloque rexeita que se faga viguesa distinguida a unha entidade antiabortista

_A fronte nacionalista oponse ao nomeamento da antiabortista Red Madre.

_ Demandan que o Pleno rexeite a proposta formulada polo Partido Popular.

VIGO, 21 de marzo de 2016.- O Bloque Nacionalista Galego rexeita o nomeamento da organización antiabortista Red Madre como entidade viguesa distinguida. O Responsábel local do BNG, Serafín Otero, xulga que de se consumar a designación será a primeira vez desde 1985 que a cidade “distinga a unha persoa ou organización cuxos postulados e actividade persigue o recorte de dereitos e liberdades”, aludindo en concreto ao dereito á interrupción voluntaria do embrazo. Otero secunda, desta maneira, as críticas formuladas desde a Plataforma Galega en Defensa do Aborto, considerando que premiar a ultraconservadora Red Madre suporá dar un paso atrás na conquista e recoñecemento dos dereitos das mulleres.

En consecuencia desde o Bloque demandan que o Pleno, de quen e potestade o nomeamento, rexeite a proposta formulada polo Partido Popular. “É evidente que esta proposta non encaixa dentro do consenso institucional co que sempre se adoptaron este tipo de nomeamentos” explica Otero. “O PSOE ten na súa man evitar que unha distinción da cidade se converta nun acto de agravio contra as mulleres” afirmou.

Aliás, desde a fronte nacionalista lembran que na cidade existe un importante número de organizacións e plataformas feministas que desenvolven un inxente traballo en defensa dos dereitos das mulleres, que si deben ser obxecto de recoñecemento.

O Bloque rexeita que se faga viguesa distinguida a unha entidade antiabortista