O BNG de Vigo apoia en Compostela a Xunta de Persoal do CHUVI por un hospital 100% público

O BNG de Vigo apoia en Compostela a Xunta de Persoal do CHUVI por un hospital 100% público

Unha representación da Executiva Local expresou o pleno apoio do Bloque á concentración do persoal ás portas do parlamento.

20150915032714

Vigo, 15 de setembro de 2015.- Coincidindo co debate no Pleno do Parlamento de Galiza da solicitude de constituír unha Comisión de Investigación sobre o novo hospital de Vigo, unha representación da Executiva Local do Bloque desprazouse até Compostela para participar na concentración de protesta realizada pola Xunta de Persoal do CHUVI ás portas do Pazo do Hórreo.

Serafín Otero, trasladou o pleno apoio do BNG de Vigo ao reclamo dun hospital cento por cento público e á exixencia de que se poña luz sobre as graves deficiencias denunciadas no Álvaro Cunqueiro. As deputada Carme Adán, Montse Prado e Daniel Rodas e o voceiro parlam entar do BNG, Francisco Jorquera, achegáronse tamén até a concentración para trasladar o seu apoio.