🗳️ 26M Eleccións Municipais 2019

bannerweb

Fagamos de Vigo unha cidade para o pobo, unha cidade de iguais e motor de todo un País.

#VigoCunNovoImpulso

 

🗳️ 26M Eleccións Municipais 2019

📎 Coñece o noso PROGRAMA ABERTO

📋 Coñece a nosa CANDIDATURA

 

Contigo faremos de Vigo unha cidade para o pobo

Vigo necesita dun novo impulso. Após catro anos de parálise dunha maioría absoluta inútil, sen proxecto e incapaz de gobernar, e cunha oposición no pleno sen alternativas, a ausencia do BNG notouse. E moito. 

O BNG queremos volver ser unha forza determinante na política municipal de Vigo, porque cada vez que o fomos, no goberno ou na oposición, fixemos que a cidade avanzase e contribuímos a mellorar a calidade de vida das viguesa e dos vigueses.

Co teu apoio seremos a forza que empurre o novo impulso que Vigo precisa, para facermos entre todas e todos, unha cidade para o pobo. Cos problemas e as necesidades reais da veciñanza no centro da política. Con máis participación, diálogo e transparencia. Poñendo fin ao abandono dos nosos barrios e parroquias. Unha cidade de iguais, de xustiza social, con emprego digno e con dereitos, e despregando políticas radicalmente feministas en favor da igualdade efectiva. E unha cidade motor de todo un País, como pulmón industrial de Galiza e converténdonos na capital galega da innovación da tecnoloxía e das comunicacións. Un Vigo referente que lidere desde a cooperación a súa área metropolitana. 

O Bloque temos para Vigo un proxecto aberto e de futuro, con propostas e alternativas en positivo, no que queremos sumar a todas as viguesas e os vigueses que entenden que a nosa cidade merece máis. Temos as persoas que o poden levar adiante, cunha equipa capaz, plural e comprometida. E coa experiencia necesaria para poñelo en marcha. Pero a peza que o fará posíbel es TI. O teu voto o próximo 26 de maio decidirá se te conformas con máis do mesmo ou se facemos que Vigo volva avanzar. Súmaste?


Xabier P. Igrexas
Candidato do BNG á alcaldía de Vigo
 

🗳️ 26M Eleccións Municipais 2019