A filosofía é necesaria para unha formación crítica

WhatsApp Image 2017-06-16 at 12.46.24
Filosofía si

As sucesivas reformas educativas implantadas polo estado español confluíron na progresiva retirada da educación en filosofía

A filosofía é necesaria para unha formación crítica

O BNG de Vigo apoia o profesorado de filosofía que esta mañá presentou a campaña de recollida de sinaturas para a proposición non de Lei de iniciativa popular sobre a filosofía no ensino. Denunciouse na presentación que as sucesivas reformas educativas implantadas polo estado español confluíron na progresiva retirada da educación en filosofía, e a Lomce, de facto, comporta a supresión de Historia da Filosofía como materia común para o alumnado que culmina o bacharelato.

O BLoque, xunto a outras entidades e asociacións da comarca, apoiamos esta iniciativa tan necesaria para a formación crítica dunha sociedade e unha educación de calidade, científica, baseada no coñecemento, como afirmou Serafín Otero, responsábel local do BNG. A iniciativa solicita ao Parlamento galego que inste á Consallaría de Educación a realizar as adaptacións necesarias para incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da Historia de Filosofía coma materia troncal.

A filosofía é necesaria para unha formación crítica