O BLOQUE APOSTA POR UN VIGO PENSADO PARA AS PERSOAS

Demandamos ao Concello a apertura dun Centro Cívico no Calvario

centro cívico calvario
centro cívico calvario

Demandamos que o futuro Centro Cívico inclúa entre os seus servizos un auditorio de tamaño medio, unha ludoteca, espazos multiusos, unha sala de ensaio para grupos musicais, un espazo xuvenil, unha sala de exposicións e un centro municipal de internet. Entendemos necesario que albergue unha Oficina municipal de distrito (que permita a realización de xestións e recibir información municipal) e que sexa sede dun centro de información dos dereitos das mulleres.

Demandamos ao Concello a apertura dun Centro Cívico no Calvario

De cara a corrixir a grave carencia de dotacións públicas que ademais de permitir o uso e recreo da veciñanza, ofrezan servizos de tipo social, cultural ou veciñal, desde o BNG propoñemos que o Concello de Vigo abra no barrio do Calvario un Centro Cívico como os xa existentes noutros ámbitos da cidade.

Demandamos que o futuro Centro Cívico inclúa entre os seus servizos un auditorio de tamaño medio, unha ludoteca, espazos multiusos, unha sala de ensaio para grupos musicais, un espazo xuvenil, unha sala de exposicións e un centro municipal de internet.

Entendemos necesario que albergue unha Oficina municipal de distrito (que permita a realización de xestións e recibir información municipal) e que sexa sede dun centro de información dos dereitos das mulleres.

Para a instalación do Centro Cívico, desde o Bloque suxerimos a posibilidade de o facer no centro de especialidades da Doblada, anexo ao centro de saúde na rúa Faisán, que está en proceso de desmantelamento polo Sergas. Trátase dun inmoble amplo e ben localizado no barrio que é de titularidade publica, o que só exixiría que o Concello acordase a súa cesión como xa lograron outras entidades no caso do antigo centro de especialidades de Coia.

A proposta, que é unha iniciativa do Grupo de barrio do BNG do Calvario, encádrase dentro da aposta do Bloque por un Vigo pensado para as persoas, porque queremos unha cidade deseñada para a satisfacción das necesidades e o desfrute da veciñanza, como fixemos coa peonalización e humanización da rúa Urzáiz durante a alcaldía nacionalista de Lois P. Castrillo. O grupo de barrio do BNG do Calvario está a realizar repartos informativos para socializar esta proposta. No texto chamamos a toda a veciñanza do Calvario e ao seu tecido asociativo a se sumar a esta reivindicación, co convicción de que pode contribuír a mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza do barrio e da súa contorna. 

Que o centro cívico do Calvario sexa unha realidade só exixe de vontade política e do compromiso do goberno municipal. Exixámosllo!.