15 NACIONALISTAS RESULTARON RETID@S E IDENTIFICAD@S POLA GARDA CIVIL POR REIVINDICAREN A FIN DAS PEAXES.

Esiximos AP9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande

foto 3 (1)

A explotación e accidentes laborais producidos durante as obras da ampliación da ponte de Rande, foron froito das présas do goberno galego e español para realizar esta inauguración antes de rematar o ano 2017 co único obxectivo de así poderen subir o prezo da peaxe para o 2018.

Esiximos AP9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande

Con motivo do acto de inauguración da ampliación da ponte de Rande e da suba do prezo da peaxe anunciada para o 2018, membros do BNG mobilizáronse na rotonda do Morrazo para reivindicar que autopista AP9 sexa pública, galega e gratuíta.

Ante o acto de inauguración das obras da ponte, en que participaron Mariano Rajoy, Núñez Feijóo e Abel Caballero, situouse a mobilización de membros do BNG e de veciñanza dos concellos do Morrazo, de Vigo, Redondela e Pontevedra. O  deputado do Bloque e portavoz de infraestruturas, Luis Bará, denunciou que “a explotación e accidentes laborais producidos durante as obras da ampliación da ponte de Rande, foron froito das présas do goberno galego e español para realizar esta inauguración antes de rematar o ano 2017 co único obxectivo de así poderen subir o prezo da peaxe para o 2018”. De feito, o deputado nacionalista xa defendeu con anterioridade en comisión parlamentaria que as obras se levaron a cabo nunhas condicións de explotación nas que os operarios estiveron sendo obrigados a facer xornadas de até 12 horas nunhas circunstancias de enorme perigosidade e a cambio de salarios que, segundo as denuncias laborais, están por debaixo do convenio do sector.

 Xunto a Bará congregáronse veciñas e veciños do Morrazo, membros das asociacións veciñais de Teis e de Chapela, membros do BNG e cargos nacionalistas coma alcalde de Bueu, Félix Juncal, e concelleiras e concelleiros de Cangas, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.

15 persoas retidas e identificadas

Durante a protesta, unha quincena de membros do Bloque se achegaron ao acto de inauguración lucindo o lema “Non á estafa” en alusión inauguración obras ponte de Randeá suba do prezo da peaxe que se producirá nos vindeiros días. A Garda Civil, nunha actuación desproporcionada empurrou e retivo durante máis de media hora a esta quicena de persoas.

 

Esiximos AP9 galega e sen peaxes ante o acto de inauguración das obras de Rande