MOBILIDADE

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín

ap901

_O deputado nacionalista, Luís Bará, presentou unha proposición non de lei na que reclama ademais que a conversión sexa financiada polo ministerio de Fomento e a Xunta de Galiza.

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín

ap902 “Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con representantes veciñais do barrio de Teis, no que tamén participou o responsábel local do Bloque, Serafín Otero.

Otero defendeu a “urxente necesidade” de acometer esa obra para evitar que a autoestrada continúe a tronzar o barrio de Teis. “A veciñanza leva anos a reclamar unha medida que só precisa do compromiso do goberno español e da Xunta”, afirmou. Neste sentido, Bará defendeu que a conversión en vía urbana sexa financiada polo ministerio de Fomento e polo goberno galego. Reclaman tamén que o Concello de Vigo asuma a súa responsabilidade coa elaboración do proxecto.

O Bloque, recollendo o reclamo da Asociación Veciñal de Teis, defende que a conversión se provoque desde os acceso da propia cidade, nas Torres de Padín en lugar de facelo desde o cruce de Bos Aires. Aliás, a proposición nacionalista defende que a transformación en vía urbana se complemente coa eliminación da peaxe no treito entre Rande e Vigo, xa que “redundaría moi positivamente na mellora da mobilidade en Trasmañó, Chapela e Teis”.

Por outra parte, Bará volveu insistir na necesidade de transferencia da xestión da AP9 ao goberno galego e lamentou a exclusión “sectaria” do BNG na representación do Parlamento galego que defenderá a proposta no Congreso. Con esa finalidade foi pendurada unha faixa alusiva nos acceso da autoestrada na rúa Bos Aires.

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín