O BNG APOIA A TCAES NA REIVINDICACIÓN QUE ESTÁN A MANTER ANTE DA DIRECCIÓN DO HOSPITAL CUNQUEIRO

Levamos ao Parlamento o conflito do persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería do Cunqueiro

A deputada do BNG no Parlamento Galego Montse Prado, acompañada do responsábel comarcal do BNG en Vigo Manuel Caride, acudiu ao inicio do peche convocado persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAEs) do Hospital Álvaro Cunqueiro para trasladar o apoio do BNG ás súas reivindicacións.

Levamos ao Parlamento o conflito do persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería do Cunqueiro

Para o BNG coa privatización do Novo Hospital de Vigo a decisión de construír o hospital polo chamada Colaboración Público Privada non só converteu á concesionaria na responsábel do proxecto de construción, senón que supuxo cederlle á empresa a explotación e a xestión de moitos dos servizos do NHV. A efectos prácticos a concesionaria converteuse en propietaria do Hospital durante os 20 años da concesión.

Dentro deses servizos está a limpeza e a lavandería, que todo indica pretende realizar sen a dotación de persoal suficiente, pretendendo que pasen os TCAE a realizar parte das labores que realizaban persoal de limpeza.

Dentro do apoio ao colectivo de traballadores/as Montse Prado anunciou a presentación de iniciativas no Parlamento Galego “demandándolle ao Sergas que lle faga cumprir á empresa coas funcións de limpeza e lavandería que ten establecidas na adxudicación así como a retirada dos expedientes sancionadores e das medidas coercitivas que desde a dirección do hospital se están adoptar, e que pase da política da confrontación a unha de diálogo co persoal”.

Diante desta situación, o Sergas na vez de esixir a realización destas tarefas á empresas e que esta teña a dotación de persoal precisa, toma a decisión de sobrecargar aínda máis ao seu propio persoal con tarefas con non están recollidas no seu estatuto, creando deste xeito un máis que xusto conflito.

Nas súas declaracións aos medios a deputada nacionalista tamén indicou que “xa é tempo de que o PP e a Xunta abandonen a submisión coa concesionaria e empecen a defender os interesen dos galegos e galegas. Resulta indecente que despois dunha concesión millonaria que nos está a custar millóns de euros, asistamos continuamente a situacións como a do conflito que estamos a vivir c@s TCAEs”.