AS RAZÓNS DO BNG CONTRA A IMPOSICIÓN DA CUSTODIA COMPARTIDA

Mércores 22 ás 20h en Vigo

custodia compartida imposta
custodia compartida imposta

O vindeiro mércores contaremos con Mercedes Carreira nun debate sobe a imposición da custodia compartida como réxime preferente nunha sociedade na que aínda estamos lonxe de acadar a igualdade real entre homes e mulleres e a corresponsabilidade.

Mércores 22 ás 20h en Vigo

Este mércores convidámosvos a unha charla-coloquio sobre a custodia compartida imposta que acaba de chegar ao Parlamento mediante unha iniciativa lexislativa popular para o seu debate en próximas datas. Presentaremos as razóns polas que o Bloque Nacionalista Galego rexeita a proposta de impoñer a custodia compartida como réxime preferente nunha sociedade na que aínda estamos lonxe de acadar a igualdade real entre homes e mulleres e a corresponsabilidade no coidado das crianzas. Contaremos coa participación de Mercedes Carreira, avogada do CIM de Redondela. Ás 20 horas, no local comarcal do BNG de Vigo, Rúa Celso Emilio Ferreiro, 3, baixo.