A PORTAVOZ NACIONAL PRESENTARÁ A PROPOSTA DO BNG PARA UNHA GALIZA SOBERANA.

Encontro sindical con Ana Pontón sobre as Bases Democráticas

Ana Pontón estará en Vigo este mércores 13 de decembro nun encontro sindical para a presentación e debate das Bases democráticas para unha nova Galiza. Será ás 20,15 horas no salón de actos da sede da CIG en Vigo. 

Encontro sindical con Ana Pontón sobre as Bases Democráticas

A portavoz nacional do BNG manterá un encontro sindical en Vigo para a presentación e debate das Bases democráticas. O salón de actos da sede da Confederación Intersindical Galega acollerá este mércores 13 de decembro ás 20.15 horas un encontro de Ana Pontón con traballadoras e traballadores sindicalistas no que se realizará un coloquio sobre a proposta do Bloque expresada nas Bases democráticas para unha nova Galiza. O BNG lanza esta proposta coma punto de partida para o debate entre axentes sociais e o tecido asociativo para que Galiza avance como nación.

O pobo galego precisa dar un paso adiante, conseguir o seu recoñecemento como nación, acadar un sistema económico xusto e solidario, blindarmos os dereitos sociolaborais da clase traballadora e pór en marcha medidas contra a precariedade e a explotación. Galiza precisa capacidade fiscal xusta e soberana, xestionar as infraestruturas como AP-9 e os aeroportos, e decidir por nós sobre o sector enerxético ou a política forestal.

Desde o Bloque Nacionalista Galego lanzamos esta proposta para darmos o debate e construír unha Galiza nova e soberana, porque ter e exercer a soberanía nacional implicaría ter as ferramentas para mellorar as condicións do pobo galego e das clases traballadoras.