A LOITA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA EN 1972 FOI IMPULSO FUNDAMENTAL NA LOITA ANTIFRANQUISTA E POLAS LIBERDADES NA GALIZA

Palestra sobre a folga de 1972 en Vigo

Manuel Mera e Paco Lois lembrarán nunha palestra aberta todo o que supuxo a folga de 1972 en Vigo. Será este xoves 8 ás 20horas na sede do BNG en Vigo. 

Palestra sobre a folga de 1972 en Vigo

1972 é un ano chave para a clase traballadora galega, xa que supuxo o nacemento do sindicalismo nacionalista na Galiza, un impulso fundamental na loita antifranquista e polas liberdades na Galiza. Tamén foi o ano da brutal represión do réxime sobre os traballadores da Bazán, o asasinato a mans do franquismo dos obreiros Amador e Daniel o 10 de marzo en Ferrol, máis ducias de feridos, detidos e depedidos. En 1972 Vigo protagonizou a loita obreira coa solidariedade cos represaliados e asasinados en Ferrol, así como cos paros de solidariedade cos traballadores de Barreras e a folga xeral de 28.000 traballadores/as durante 15 días en setembro.

O vindeiro xoves 8 de febreiro ás 20:00h. na sede do BNG en Vigo (rúa Celso Emilio Ferreiro, 3 Baixo) terá lugar a palestra aberta, titulada A Folga do 72 en Vigo, que conducirá o noso compañeiro Manuel Mera e correrá a cargo de Paco Lores, histórico do sindicalismo en Vigo.