Xabier P. Igrexas estrea perfil na rede Curious Cat para animar as mozas e mozos a que o coñezan mellor

A ferramenta, creada por dous rapaces galegos, permite facer preguntas de xeito anónimo e totalmente directo
A ferramenta, creada por dous rapaces galegos, permite facer preguntas de xeito anónimo e totalmente directo

“Nunha cidade onde hai unha xordeira continúa por parte de quen goberna, o BNG queremos manter unha escoita activa, tamén abertos a críticas para seguir mellorando no proxecto de cidade que queremos”, acrecenta o candidato da fronte

Igrexas abre o seu perfil en Curious Cat baixo o alias de “contradicurso”, o mesmo que xa emprega desde hai anos noutras redes sociais –como Twiter, Facebook ou Instagram– onde xa suma case 9 mil seguidores e seguidoras.

Xabier P. Igrexas estrea perfil na rede Curious Cat para animar as mozas e mozos a que o coñezan mellor

Cos resultados das xerais aínda recentes e coa vindeira cita electoral á volta da esquina, a carreira de fondo por ver como se planea o futuro municipal na cidade de Vigo continúa. O BNG traballa arreo por coñecer de primeira man as inquedanzas das viguesas e os vigueses e por iso o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas vén de abrir un perfil na exitosa plataforma xuvenil Curious Cat, para darse a coñecer entre a mocidade e responder ás súas inquedanzas.

Esta ferramenta social, como así a describen os seus creadores, facilita que milleiros de persoas usuarias en todo o mundo poidan formular de xeito totalmente anónimo e directo as súas preguntas a calquera que forme parte da plataforma. Agora, Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía, abre un perfil baixo o alias “contradiscurso”, que xa utiliza desde hai anos noutras redes sociais, comprometéndose a responder “coa máxima sinceridade” ás cuestións que se lle formulen. “É unha ferramenta [Curious Cat] que ten unha fortísima implantación entre a mocidade e que vai permitir que calquera persoa poida  formularme preguntas, trasladarme achega ou inquedanza que sexa do seu interese”, explica o candidato.

Para Igrexas é fundamental axilizar e facer máis próximo o diálogo coas persoas: “Nunha cidade onde lamentablemente padecemos unha xordeira permanente por parte de quen goberna, para nós é fundamental  manter unha escoita activa”, acrecenta o candidato da fronte. “O que fai falta é escoitar e dar respostas, recibir feedback e recoller con actitude positiva tamén as críticas que son sempre benvidas para mellorar”, di.

A mocidade, peza chave do proxecto BNG

Nunha aposta decidida por sumar “a inda máis mocidade ao proxecto do BNG” a fronte nacionalista da un paso máis por achegarse á xuventude coa creación deste perfil en Curious Cat, coa que o candidato alarga a súa presenza nas redes sociais nas que xa suma 8.870 seguidores e seguidoras entre Facebook, Twitter e Instagram. “Temos claro que o novo impulso que necesita Vigo para facermos unha cidade para o pobo, unha cidade de iguais con oportunidades para a mocidade e que sexa motor de todo un país, é a enerxía e o empurre da xente nova, da creatividade das mozas e mozos desta cidade. Este perfil vai permitir sumar moitos mozos e mozas a este proxecto aberto, transformador e de futuro que queremos poñer en marcha na cidade”, subliñou.