Xabier P. Igrexas: "Vigo non podemos permitirnos a desaparición do sector naval"

SAVE_20191114_181624
  • O concelleiro do BNG participou da manifestación realizada esta mañá para esixir que a Xunte actúe para garantir a continuidade da actividade e do emprego en Barreras.
  • A fronte nacionalista reitera a demanda de intervención pública directa para viabilizar Barreras e tamén Vulcano.
Xabier P. Igrexas: "Vigo non podemos permitirnos a desaparición do sector naval"

SAVE_20191114_181526"A nosa cidade, a nosa comarca e o conxunto do noso País, non podemos permitirnos que desapareza o sector naval de Vigo". Esa foi a mensaxe "alta e clara" que quixo enviar o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, esta mañá desde a manifestación dos traballadores e traballadoras de Barreras. O edil nacionalista subliñou o carácter estratéxico do sector naval salientando o seu papel de "tractor económico" cunha importancia "vital" para a economía da cidade olívica e a súa bisbarra.

Igrexas responsabilizou a Xunta do PP, pola súa inacción, da situación "absolutamente límite" que vive Barreras e que se engade ao feche inminente de Vulcano. Neste sentido, reclamou compromisos reais e efectivos para garantir a continuidade de ambos os dous estaleiros.

"O que lle dicimos á Xunta de Feixóo é que xa abonda de anuncios, de promesas incumpridas e de titulares. É o momento de tomar decisións, de pasar a acción e de que o Goberno galego exerza as súas competencias para garantir o futuro industrial", afirmou ás portas do estaleiro vigués.

No concreto, desde o Bloque insisten en demandar a "intervención pública directa" que convertendo Barreras e Vulcano en estaleiros públicos ou semipúblicos garanta a continuidade da actividade e do emprego nas gradas viguesas.

Xabier P. Igrexas: "Vigo non podemos permitirnos a desaparición do sector naval"