Editorial

Urxe retomar o diálogo para implantación do transporte metropolitano en Vigo

Urxe retomar o diálogo para implantación do transporte metropolitano en Vigo

O fallo xudicial que obriga ao Concello de Vigo a suprimir a restrición do empadroamento para acceder á recén implantada tarxeta do transporte urbano de Vigo (PassVigo), vén a ratificar o despropósito da actuación do goberno de Abel Caballero, resultado dunha política de confrontación de carácter personalista coa Xunta de Galiza que ten ocasionando graves perxuízos á veciñanza tanto de Vigo como dos concellos limítrofes.A falla de capacidade de entendemento entre ambas as dúas administración tería convertido en papel mollado o convenio subscrito o 6 de xullo de 2016 para a integración do transporte urbano de Vigo no transporte metropolitano.

Ler nova
Apoiamos o grupo musical La Insurgencia e demandamos no Parlamento a derrogación da Lei Mordaza

Apoiamos o grupo musical La Insurgencia e demandamos no Parlamento a derrogación da Lei Mordaza

O BNG reuniuse esta mañá co grupo de apoio a La Insurgencia, cuxos integrantes foron condenados a dous anos e un día de prisión por exerceren a liberdade de expresión. No marco desta xuntanza en Vigo, Luis Bará, deputado do Bloque Nacionalista Galego, presentou publicamente a proposición non de lei que o BNG defenderá no vindeiro pleno do Parlamento Galego en prol dos dereitos fundamentais e da liberdade de expresión.

 

Ler nova
O BNG propón un plan municipal de choque contra as violencias machistas

O BNG propón un plan municipal de choque contra as violencias machistas

Na mañá deste mércores o BNG de Vigo desenvolveu accións informativas entre a veciñanza do Calvario en apoio da folga de mulleres que terá lugar en Galiza e na maior parte do mundo o 8 de marzo. “O feminicidio é o grao máximo no que se expresan as violencias que padecemos polo feito de sermos mulleres” denunciou Sefi Romero, responsábel local de Acción Feminista do BNG, durante o desenvolvemento do acto.

Ler nova
Mesa redonda: 8 de marzo, cara á folga feminista

Mesa redonda: 8 de marzo, cara á folga feminista

No marco do paro internacional de mulleres e da convocatoria de folga na Galiza, o BNG organiza este xoves unha mesa redonda para o debate, difusión e apoio á folga feminista do 8 de marzo. Nesta mesa redonda contarase coa participación de compañeiras que explicarán os motivos da folga nos ámbitos laboral, estudantil, do consumo e dos coidados.

Vémonos o xoves 1 de marzo, ás 20 horas, na Libraría Andel de Vigo. 

 

Ler nova
Xa na rúa e na rede: novo boletín do BNG en Vigo

Xa na rúa e na rede: novo boletín do BNG en Vigo

Vimos de lanzar o novo número do voceiro municipal do BNG de Vigo. Aquí tratamos problemáticas sociais do noso concello e plantexamos coma sempre as alternativas precisas para un Vigo e unha Galiza con futuro, dereitos, liberdade e prosperidade. Denunciamos máis unha vez a especulación en Vigo e o fracasado modelo de cidade que impulsa o goberno municipal baseado na construción de centros comerciais en detrimento dos barrios. Analizamos a falla de emprego e propoñemos medidas urxentes para un Vigo con futuro, falamos da folga do 8 de marzo e chamamos ás mulleres de Vigo a secundar os paros, tratamos de vagar a desprogramación cultural do concello de Vigo e plantexamos a urxencia de pular pola nosa cultura cun modelo cultural programado e reflexioando, denunciamos a estafa da AP9, analizamos as consecuencias da seca e difundimos alternativas básicas como a municipalización do ben público... todo isto e moito máis no noso voceiro. Podes consultalo de seguido:

 
Ler nova