Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG alerta do risco de que as ludotecas municipais de Vigo pechen a partir de xuño

A fronte nacionalista denuncia que non se iniciou unha nova licitación para a xestión do servizo de ludotecas a menos de dous meses para a fin da segunda prórroga do contrato

Xabier P. Igrexas: “Falamos dun servizo de enorme importancia que atende arredor dun centenar de crianzas por xornada, e que xa se desenvolve nunhas condicións precarias pola falla de vontade e compromiso do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a un parque público en Vigo

A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que ten na cidade a usos sociais, ante o grave problema de acceso á vivenda, en lugar de poñelos á venda

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que unha sociedade participada maioritariamente polo Estado, e cuxos activos proveñen do mil millonario rescate á banca privada con recursos públicos, pretenda agora facer caixa xogando á especulación inmobiliaria”
Ler novas
Concerto en Castrelos

O BNG chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses nos concertos de Castrelos

A fronte nacionalista critica a “opacidade e o carácter discrecional” da decisión sobre quen actúa no auditorio e pide incluír bandas locais como teloneiras en lugar do “mitin de autobombo” do alcalde

Ana Martínez: “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello excluíndo estes grupos ano tras ano da programación”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG denuncia que son máis de 11 mil as queixas veciñais rexistradas no Concello de Vigo desde o inicio do mandato

A fronte nacionalista solicita que se constitúa a Comisión Especial de Queixas e Suxestións para “botar abaixo o muro de silencio co que Caballero lle vira as costas ás viguesas e aos vigueses”

Xabier P. Igrexas: “Este volume brutal de queixas evidencia a desatención das necesidades reais das viguesas e vigueses pola de xestión dun Goberno municipal reducido a un único superconcelleiro de propaganda na persoa do alcalde”

Ler novas
crapd 1

O BNG urxe medidas da Xunta ante os graves problemas de convivencia na residencia pública do Meixoeiro

A fronte nacionalista demanda no Parlamento galego a creación de unidades específicas en Vigo para atender os casos de psiquiatría e emerxencia social, que hoxe son derivados sen os recursos necesarios a residencias de maiores

Alexandra Fernández: “O problema non son as persoas que son derivadas inadecuadamente a estes centros e que non deben ser estigmatizadas, senón a falla dunha atención especializada”

Ler novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG denuncia que Caballero rexeita sancionar a Vitrasa polos recortes de frecuencias tras a folga de bus en Vigo

A fronte nacionalista acusa o Goberno municipal de “complicidade e barra libre” coa concesionaria de bus urbano diante dos reiterados incumprimentos no servizo

A redución de frecuencias mantívose durante 19 días unha vez finalizada a folga a pesar de non contar con autorización do Concello

Xabier P. Igrexas: “Resulta incomprensíbel que non se vaia adoptar ningunha medida ante uns recortes que ocasionaron un grave prexuízo á veciñanza da cidade”
Ler novas
Foto_Xabier P. Igrexas_ BNG Vigo

O BNG esixe paralizar a privatización das conserxarías dos colexios públicos de Vigo

A fronte nacionalista chama o Goberno municipal a atender o “clamor unánime” da comunidade educativa contra esta decisión e advirte de que o prego da licitación non garante que todos os centros dispoñan de persoal durante toda a xornada lectiva

Xabier P. Igrexas: “Os colexios van ter con esta privatización un servizo intermitente, por horas e días, co que iso supón de precariedade e de falla de atención”

Ler novas