O BNG apoia na Deputación ás persoas que sofren o roubo das quitas e esixe a devolución dos cartos

O BNG apoia na Deputación ás persoas que sofren o roubo das quitas e esixe a devolución dos cartos

O grupo nacionalista na Deputación de Pontevedra expresou hoxe o seu apoio ás persoas que sofren o roubo das quitas ao levantarse dos seus escanos no pleno para reunirse cos afectados. A portavoz do BNG en Vigo e deputada provincial, Iolanda Veloso, subliñou que a “única solución” para este problema pasa pola devolución do 100% dos cartos.

“Mentres o PP escoita ás distintas plataformas de afectados da provincia, é quen de aprobar o decreto que legaliza o roubo que supón a quita das preferentes”, denuncia a deputada nacionalista. “Esquecen que para moitas destas persoas as camisetas representan moito máis que iso: son un ano e medio de luita e sufrimento”, sinala.

"Auténtica estafa"

Para Iolanda Veloso, a decisión política de marcar unha quita mínima do 43%, é unha “auténtica estafa”, tal e como o recoñen xa multitude de sentenzas xudiciais. “É lamentable que esta decisión estea baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolidando o culto á usura e á desigualdade”, criticou a nacionalista.

Iolanda Veloso considera que a quita supón, por tanto, a consolidación dunha práctica abusiva das entidades financeiras que inevitable leva ás continuas protestas dos aforradores e aforradoras afectadas. “Por todas estas razón desde o BNG seguiremos respaldando as súas mobilizacións”, concluíu.

O BNG apoia na Deputación ás persoas que sofren o roubo das quitas e esixe a devolución dos cartos