Imprimir

O BNG comprométese co sector metalúrxico a lograr unha solución para o naval galego

BNG de Vigo | 26 de xaneiro de 2020

O BNG pide a Xunta de Galiza que tome cartas no que ten haber coa situación de Barreras e recorda ao goberno de Núñez Feixóo que ten competencias de política industrial que non está asumindo

O deputado e portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, reuniuse hoxe coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, acompañado da deputada do Parlamento galego, Montse Prado e do portavoz municipal de Vigo, Xabier P. Igrexias para falar da situación da industrial naval no noso país.

Para o Bloque Nacionalista Galego a construción naval é fundamental para o desenvolvemento económico de Galiza cunha grande potencialidade “se se fan as cousas ben”, apuntaba o deputado, Néstor Rego. Para o BNG é imprescindíbel garantir a continuidade do sector “que no acordo de investidura nos acordamos de incluír, como un elemento relevante o compromiso por parte do Estado de apoio a construcción naval”.

A posición do BNG é coincidente ás demandas que ASIME propón en referencia a situación pola que está a pasar Barreras, onde se propón desbloquear a crise e lograr unha estabilidade para salvar o momento. Rego exixe á Xunta de Galiza que actúe, pois ten as competencias en política industrial, “danos a impresión de que non está asumindo plenamente esa competencia” sinala o deputado e anuncia que levarán estas exixencias ao Parlamento de Galiza a través dunha iniciativa impulsada pola deputada Montse Prado.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-comprometese-co-sector-metalurxico-lograr-solucion-naval-galego/20200126120720004449.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Rúa Celso Emilio Ferreiro 3, baixo
36203, Vigo (GALIZA)
Teléfono: 986447300
Correo: vigo.cidade@bng.gal 

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr