O BNG pon en valor o “aumento espectacular” no apoio recibido polas viguesas e vigueses

20190428_FT_Xerais
Xesús López Carreira, Xabier P.Igrexas e Serafín Otero no centro da imaxe xunto a parte da militancia do BNG despois de coñecer os resultados

“Conseguimos dobrar o número de votos na cidade o que nos coloca nunha moi boa posición para continuar na carreira electoral das vindeiras eleccións do 26 de maio”, valora Xesús López Carreira, número dous ao Congreso pola provincia de Pontevedra

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de “magníficas condicións de partida” o resultado local deste 28A e mostrouse certo de que a fronte nacionalista está a coller “impulso e forza” na cidade olívica fronte ao retroceso doutras opcións.

O BNG pon en valor o “aumento espectacular” no apoio recibido polas viguesas e vigueses

O BNG de Vigo vén de valorar en clave local os resultados electorais deste 28 de abril nos que a súa portavoz Ana Pontón, valorou positivamente a “clara remontada” que protagonizou o Bloque co dobre de votos acadados que nos anteriores comicios de 2016 o que pon de manifesto a corrente de simpatía cara á fronte nacionalista. O número dous ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Xesús López Carreira, quixo tamén analizar en Vigo os resultados, uns datos que alentan para o candidato da fronte, “a pensar en positivo e poñer o punto de mira xa nas vindeiras eleccións municipais do 26 de maio”.   

Xesús López Carreira amosouse optimista co resultado do Bloque na localidade de Vigo a pesar di, de non acadar representación en Madrid, un dos obxectivos do BNG: “Estamos moi contentos co resultado, conseguimos dobrar votos na cidade o que nos coloca nunha posición moi boa para continuar no proceso electoral que remata o 26 de maio”, recordou. O número dous ao Congreso por Pontevedra asegura que a lectura que fai o Bloque é que estes resultados nos van a dar entrada con seguridade no Concello de Vigo. Imos seguir traballando nos estamentos onde temos representación pero tamén na rúa onde o BNG vai ter unha voz alta e clara en defensa dos intereses das galegas e dos galegos”, acrecentou.

Para o candidato nacionalista “o Bloque partíamos dunha situación complicada ao non ter representación no Congreso que sumada á campaña do voto polo medo nos fixo moi difícil transmitir á cidadanía que nos éramos o freo absoluto para que a dereita entrase no goberno”. Un razoamento que finalmente non foi entendido así pola cidadanía e que se traduciu na concentración do voto noutras forzas. No entanto, López Carreira enfatizou o positivo dos resultados, sinalando que “vemos que houbo moita xente que apoiou ao BNG novamente, e temos que agradecerlles que nos apoiaran novamente, queremos dicirlles que non os vamos a decepcionar”. “Estamos convencidos de que imos seguir medrando, nunhas condicións distintas como son as eleccións municipais, cun escenario moi distinto”

Aumento espectacular en Vigo

Pola súa parte, o candidato nacionalista á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, acrecentou que o resultado das xerais en Vigo visa que “o BNG colle impulso e forza na cidade”, logrando un aumento “espectacular” do apoio das viguesas e vigueses. “Sabendo que nunhas eleccións xerais sempre se vota nunha clave diferente, e sobre todo nesta convocatoria marcada por unha dinámica moi estatal, é claro que lograrmos máis que duplicar os votos, sumando máis de 7100 viguesas e vigueses ao proxecto BNG, colócanos nunhas magníficas condicións de partida de cara ás eleccións municipais do 26 de maio”, explica o candidato. “Pero nós non nos conformamos, e imos seguir traballando arreo para sumar a inda máis viguesas e vigueses ao proxecto de transformación en positivo co que o BNG queremos darlle a Vigo o novo impulso que necesita”, remachou.

Para Pérez Igrexas a tendencia “á alza do Bloque fronte ao retroceso doutras forzas, vai garantir non só o retorno do BNG ao Pleno da Corporación senón que nos volverá facer unha forza decisiva e determinante para Vigo”. O candidato quixo agradecer o “enorme traballo e o entusiasmo que despregaron centos de militantes e simpatizantes do BNG na cidade” durante a campaña eleitoral e destacou o importante papel xogado “pola mocidade que non se resigna”.

O BNG pon en valor o “aumento espectacular” no apoio recibido polas viguesas e vigueses