O BNG reclama ao alcalde que devolva á delegación viguesa de atletismo as dúas probas que organizaba

O BNG reclama ao alcalde que devolva á delegación viguesa de atletismo as dúas probas que organizaba

Xabier Alonso acusa a Caballero de xerar un conflito ao tomar unha “decisión unilateral” da que non mediu as consecuencias

 

rolda atletismo XabierVigo, 3 de febreiro de 2015.- O concelleiro do Bloque, Xabier Alonso, criticou a “falta de programa e obxectivos” do goberno municipal na súa xestión da área de Deportes, así como unha “total falta de diálogo”. Segundo o edil nacionalista, isto é evidente na grave situación que atravesa o atletismo vigués, froito dunha “decisión unilateral do alcalde, ao retirarlle dúas probas á delegación viguesa de atletismo.

“Está claro que o actual goberno do PSOE non ten programa nin obxectivos no eido deportivo”, salientou Xabier Alonso, quen recordou o traballo feito polo BNG neste departamento sendo el mesmo concelleiro de Deportes para fomentar tanto o deporte ligado á saúde como as competicións do máis alto nivel. Nesta liña lembrou que no ano 2008 Vigo acolleu unha competición na que se bateron as marcas para participar nas Olimpíadas de Beijin

O edil nacionalista explicou que hoxe “temos un conflito enriba da mesa” porque o alcalde decide unilateralmente arrebatar dúas probas á Federación de Atletismo, sen medir os efectos desta decisión. Precisamente como consecuencia dela, a delegación decidiu entregar as chaves das pistas.

Retomar o diálogo

“É un desastre que o Concello de Vigo non teña iniciativas”, subliñou Alonso, para quen é fundamental que o goberno vigués retome o diálogo coa Federación e cos clubs para solucionar este conflito. “No mes de maio vai haber unha proba da división de honra, na que vai participar o Celta, e que está no aire ao igual que o resto de competicións”, alertou.

Por outro lado, Xabier Alonso destacou que o Concello de Vigo tiña que esixirlle á Xunta “que na remodelación de Balaídos non se limitara ao estadio”. Pola contra, o concelleiro do BNG defendeu que se dea solución á necesidade do atletismo vigués de ter un módulo cuberto.

 

O BNG reclama ao alcalde que devolva á delegación viguesa de atletismo as dúas probas que organizaba