O BNG rexeita que Caballero utilice a medalla de ouro de Vigo para “entronizar o seu sucesor”

zonafrancavigo-1000x500
Zona Franca de Vigo

“É claro que non é para Zona Franca senón que Zona Franca é a coartada para que o alcalde premie o seu pupilo político”, denuncia Xabier P.Igrexas, candidato do Bloque á alcaldía

O BNG propón que a distinción sexa este ano para unha muller, xa que desde 1987 ningunha recibiu o recoñecemento individual, ou a un colectivo feminista para enviar unha clara mensaxe de que “Vigo queremos ser unha cidade de iguais” e recolla o clamor do 8M

O BNG rexeita que Caballero utilice a medalla de ouro de Vigo para “entronizar o seu sucesor”

O BNG vén de amosar o seu total desacordo coa proposta de Zona Franca como Medalla de Ouro da cidade que acaba de facer pública o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Para Xabier P.Igrexas, candidato nacionalista á alcaldía, este nomeamento é un claro movemento partidista e propagandista co que o alcalde quere  “entronizar” a figura de David Regades.

Para o candidato nacionalista non é un recoñecemento á Zona Franca, é un acto con tintes de precampaña co que alcalde quere utilizar a máxima distinción da cidade para entronizar publicamente ao seu sucesor: “Si Abel Caballero cree que David Regades merece do seu afecto, o seu recoñecemento ou o seu agradecemento, nós non o imos discutir pero sí que se utilice a medalla de ouro da cidade para esa finalidade” e insta a Caballero a que empregue outros medios, “mitins ou actos internos do partido” para facelo. Para Pérez Igrexas “é claro que esta distinción non é para a Zona Franca senón que Zona Franca é a coartada para que Caballero premie o seu pupilo político”

O Bloque exixe que se retire esta proposta e que se valoren outras candidaturas.“Xa vimos dunhas semanas onde a utilización partidista e a falta de acordo ten posto en cuestión as propostas de designación para as Vigueses e os Viguesas Distinguidas e esta designación da Medalla de Ouro o que fai é agudizar o problema”, insiste. “Nós entendemos que o máis razoábel é que se retire esta proposta e se procure outra entidade ou persoa que sexa máis merecedora deste recoñecemento”, propón o candidato da fronte nacionalista.

Mulleres

O BNG fai ademais un chamamento a corrixir unha inxustiza histórica que invisibilizou as mulleres no máximo galardón da cidade. “Desde 1997 non houbo unha soa muller que recibise esta máxima distinción a nivel individual, pero si houbo sete homes. Cremos que é hora de que isto cambie”, enfatiza. Igrexas di que vimos de acudir a un 8M histórico na defensa do papel da muller na sociedade que precisa tamén unha resposta e apoio real por parte das institucións: “É evidente que hai un clamor social en clave feminista en favor dunha igualdade efectiva e real en contra das propostas da ultradereita españolista que o único que buscan é facernos retroceder”.

O candidato nacionalista di que sería un xesto simbólico pero de grande transcendencia que este recoñecemento fose parar a algunha muller ou entidade feminista co fin de enviar unha mensaxe clara de que en Vigo “somos unha cidade de progreso e comprometida coa igualdade entre mulleres e homes”.   

 

O BNG rexeita que Caballero utilice a medalla de ouro de Vigo para “entronizar o seu sucesor”