O BNG de Vigo denuncia os incumprimentos da concesionaria da XER e pregunta polo seu expediente de sanción

V11G5518
Un traballador da XER

O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, dirixiu un escrito a Abel Caballero demandando que informe sobre a tramitación do expediente aberto o pasado mes de agosto

O BNG pide a dimisión do concelleiro de seguridade, Carlos López Font despois das lamentables declaracións nas que se gababa de “gañar” na súa intervención na comisión de investigación do accidente do Marisquiño

O BNG de Vigo denuncia os incumprimentos da concesionaria da XER e pregunta polo seu expediente de sanción

O BNG de Vigo presentou esta mañá un escrito ao alcalde de Vigo preguntándolle polo estado de tramitación do expediente de sanción por incumprimento grave aberto o pasado mes de agosto contra a empresa concesionaria do servicio da XER, Dornier S.A. O candidato do Bloque á alcaldía, Xabier P. Igrexas, pide que se aclare en que punto está o expediente e cando vai ter resolución definitiva pois as informacións das que dispón o Bloque recollen que se seguen a incumprir moitos dos puntos recollidos no prego da concesión.

Neste sentido a fronte nacionalista denuncia que segue a ver evidentes incumprimentos por parte de Dornier como a non renovación dos equipos, a falta de torres de carga para os vehículos eléctricos ou a falta de persoal suficiente para cubrir a totalidade do servizo. “En troca dos 31 controladores e controladores que deberían estar a traballar, o plantel fica en 24 con xornadas onde non se poden cubrir a totalidade das zonas chegando incluso a días con apenas 12 traballadores en activo”, denuncia Pérez Igrexas. E engade que a situación se extende tamén a persoal de mantemento, inspectores e outros postos técnicos.

O candidato nacionalista remacha que “após terse superado temporalmente o conflicto laboral segue a manterse un absoluto incumprimento por parte da empresa concesionaria coa omisión cómplice do goberno municipal e por iso demandamos explicacións”.

Sen resposta á Zona Verde

Desde o BNG aproveitan para reitrar a proposta de implantación da zona verde nalgúns ámbitos da XER para solucionar a evidente falta de aparcamento na cidade para os residentes de zonas como as do Casco Vello. Unha solución di, que resolvería os problemas de aparcadoiro para as e os residentes da zona. “A única reacción por parte do concello de Vigo ao reclamo veciñal é a de prometer con carácter dilatorio algunhas actuacións nos aparcadoiros soterrados que sabemos que non van ser inmediatas” como sí o podería ser a implantación da zona verde que resolvería, inda que for en parte, de forma áxil e rápida o problema.

Demisión de Font

Igrexas aclara que o escrito remítese directamente ao alcalde e non ao concelleiro responsábel, Carlos López Font, polas inaceptábeis declaracións que este último fixo en relación á súa intervención na  comisión de investigación do accidente do marisquiño nas que “celebraba ter gañado non se sabe o que”.

Neste sentido, cualificou como “claramente ofensivas” estas declaracións “non só para as 467 persoas afectadas e ás súas familias senón tamén para o resto da poboación”. “O inhabilitan para seguir á fronte da concellería nin un minuto máis  e o que ten que facer é dimitir e se non o fai, o alcalde terá que cesalo”, esixe Igrexas. “Non podemos ter un concelleiro de seguridade que fai un balance en clave de partidismo cutre e absolutamente ofensivo”, acrecentou. Engade o candidato á alcaldía que é evidente que “co accidente non gañou ninguén pero que coa xestión que se fixo tanto do accidente e o tratamento posterior das vítimas é claro que quen perde é a cidade”, sentenciou.

O BNG de Vigo denuncia os incumprimentos da concesionaria da XER e pregunta polo seu expediente de sanción