CORONAVIRUS

O BNG de Vigo reclama un programa de apoio municipal ao tecido asociativo para reiniciar as actividades culturais, formativas e deportivas nos barrios

SAVE_20191120_181712

As entidades en moitos casos non dispoñen dos medios económicos, materiais e humanos necesarios para poder volver ofrecer actividades cumprindo os protocolos sanitarios e as reducións de aforo.

Xabier P. Igrexas: “Falamos de cursos, obradoiros e outras actividades que permiten o acceso, por exemplo á formación musical ou a ensinanzas artísticas, ás clases populares e traballadoras”

O BNG de Vigo reclama un programa de apoio municipal ao tecido asociativo para reiniciar as actividades culturais, formativas e deportivas nos barrios

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar ao Goberno municipal de Vigo a posta en marcha dun programa extraordinario de apoio destinado ao tecido asociativo da cidade, co obxectivo de facilitar o reinicio das actividades culturais, formativas e deportivas que estas entidades prestan nos barrios e parroquias.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, asegurou que levan “semanas atendendo a preocupación do tecido asociativo da cidade a respeito da situación límite que viven” por causa dos efectos derivados da crise do coronavirus, que inicialmente supuxo o feche dos centros culturais e veciñais e que agora está a impedir a realización de actividades. "As entidades trasládannos que en moitos casos non dispoñen dos medios económicos, materiais e humanos necesarios para poder volver ofrecer actividades cumprindo os protocolos sanitarios e as reducións de aforo", argumentou.

Igrexas lembrou que as asociacións da cidade ofrecen unha grande cantidade oferta de actividades formativas, culturais e tamén deportivas. “Falamos de cursos, obradoiros e outras actividades que permiten o acceso, por exemplo á formación musical ou a ensinanzas artísticas, ás clases populares e traballadoras”, explicou.  Para alén do impacto que nas entidades e nas súas asociadas, o Bloque alerta tamén do gravísimo prexuízo económico que están a sufrir as e os profesionais que imparten estas actividades, ao non poder desenvolvelas.

Emporiso, a fronte nacionalista volveu reiterar a petición de que desde a concellaría de Participación Cidadá se poña en marcha un programa extraordinario de apoio ao tecido asociativo, ás entidades sen ánimo de lucro, para axudalas a reactivar as actividades sociocultural e deportivo.

"É o momento de que o Concello de Vigo deixe de ollar a outro lado, de que a Concellaría de Participación Cidadá deixe de estar ausente e que lle preste ás entidades da nosa cidade o apoio que lle reclaman para volver poñer en marcha todas as actividades formativas, culturais e deportivas", remachou o portavoz municipal nacionalista. 

O BNG de Vigo reclama un programa de apoio municipal ao tecido asociativo para reiniciar as actividades culturais, formativas e deportivas nos barrios