Imprimir

Comunicado Urxente do BNG de Vigo sobre a morte dunha persoa sen fogar na cidade

Bloque Nacionalista Galego de Vigo | 27 de outubro de 2019

Voz de Galicia
Voz de Galicia
Diante do falecemento esta mañá dun veciño sen fogar, usuario da Acampada Social na praza do Concello, o BNG de Vigo queremos expresar publicamente o seguinte:
Diante do falecemento esta mañá dun veciño sen fogar, usuario da Acampada Social na praza do Concello, o BNG de Vigo queremos expresar publicamente o seguinte:

1.-O profundo pesar diante desta morte que se engade a outros falecementos anónimos en choupanos da cidade. 

2.- A preocupación diante da diverxencia entre o comunicado oficial do Concello e os datos ofrecidos pola propia Acampada, da que era usuario habitual o falecido, en relación aos motivos polos que non estaba a facer uso do albergue municipal. 

A este respeito, o BNG demandamos ao Goberno municipal a máxima transparencia e evitar distorsionar a realidade dos feitos co único obxectivo de tentar diluír as responsabilidades políticas perante a situación de emerxencia social que vive a cidade.

3.- Que unha persoa sen fogar morra a vinte metros do Concello evidencia que a política social, tanto municipal como da Xunta, non está á altura das necesidades de Vigo. Oxalá este tráxico suceso non acontecese e oxalá non volva pasar, pero iso esixe un cambio nas políticas e deixar de negar a existencia do problema.

Emporiso, temos que volver demandar de ambas as dúas administracións un compromiso real e efectivo para evitar que ningunha persoa teña que malvivir ou malmorrer na rúa.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/comunicado-urxente-do-bng-vigo-morte-dunha-persoa-fogar-cidade/20191027170731004343.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Bloque Nacionalista Galego de Vigo

Rúa Celso Emilio Ferreiro 3, baixo
36203, Vigo (GALIZA)
Teléfono: 986447300
Correo: vigo.cidade@bng.gal 

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr