Defendamos o ensino público galego

WhatsApp Image 2018-01-12 at 13.52.01
Non á proposta de zonificación

Esta mañá realizouse entrega na sede da Xunta en Vigo dun manifesto contrario á proposta de zonificación remitida por Inspección Educativa.

 

Defendamos o ensino público galego

O manifesto, impulsado por Foampas e apoiado polo BNG e outros colectivos, pretende pór en coñecemento das autoridades da Xunta a negativa da comunidade educativa de Vigo a unha zonificación que non garante o acceso a prazas de ensino público en igualdade de condicións. No acto de presentación e entrega na Xunta, no que estiveron presentes o responsábel local do BNG, Serafín Otero, e o responsábel de ensino do BNG de Vigo, Xosé Atanes, denunciouse que esta proposta de zonificación tampouco atende á dotación de centros públicos. Ademais a proposta de Inspección Educativa non aplica ningún criterio de igualdade entre pública e a concertada, en relación á oferta de adscricón de prazas  en centros de secundaria, precarizando as condicións do ensino público e non garantindo prazas na pública para tod@s.

Desde o BNG apoiamos a concentración convocada por Foanpas o venres 19 ás 19h na Farola de Urzáiz! 

Defendamos o ensino público galego