festas
Novas
policia-local-vigo-andres-suarez-concierto-terraceo-scaled

O BNG de Vigo demanda que o Concello investigue a fondo o sucedido no concerto de Andrés Suárez

A fronte nacionalista anuncia que interpelará o Goberno municipal na próxima Comisión Informativa de Festas e insta a depurar responsabilidades e despregar medidas adicionais que aseguren plenas garantías sanitarias no programa Terraceo. 

Xabier P. Igrexas: "É inaceptábel que tras máis dun ano de pandemia haxa que desaloxar un evento público promovido polo propio Concello de Vigo porque non se cumpran as medidas preventivas fronte á Covid19". 

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo critica a exclusión da música en galego nos concertos do Terraceo

A fronte nacionalista insta o Goberno local a rectificar unha programación na que só 2 das 40 actuacións confirmadas son de grupos musicais en lingua galega.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, cualifica de “raquítico, empobrecedor e galegófobo” o programa promovido polo Concello de Vigo.

REMANENTES¬ O Bloque critica que Abel Caballero insista en “enterrar en gasto inaugurábel” os 13 millóns de remanentes e demandan que se destinen a enfrontar os brutais efectos da crise na cidade.

Ler novas
Goberno local
merdeiro

O BNG critica a visión “acomplexada e casposa” do Goberno local e reivindica un entroido en Vigo “desde o amor propio”

_“Se queremos ser un referente a nivel internacional temos que poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma, que nos conecta coa Lusofonía”, demanda o candidato nacionalista á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

_O Bloque pide ao goberno municipal que apoie a recuperación e popularización do entroido tradicional galego en Vigo e un maior apoio ao tecido cultural e veciñal que fai posíbel a súa celebración nos barrios e parroquias.

Ler novas