pleno
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre Vigo e Porto para 2030

A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o PP se limitou a votar a prol

O Bloque insta o Goberno español a reclamar unha rectificación da Comisión Europea, que relega a Saída Sur para priorizar a conexión ferroviaria entre Lisboa e Madrid

Xabier P. Igrexas: “Este novo veto non nos vai frear o BNG á hora de seguir esixindo dende Vigo, dende Madrid e dende Bruxelas que a Saída Sur sexa realidade no 2030”

Ler novas
Novas
Pleno constitutivo da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo

O BNG lamenta que Caballero impoña o seu “sectarismo autoritario” tamén na Mancomunidade de Vigo

A fronte nacionalista critica a decisión de que os tres representantes da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo na Fundación Provigo, no Ifevi e na Asociación de Desenvolvemento Galiza Suroeste – Eurural sexan só do PSOE despois de vetar a súa emenda en favor da pluralidade

Xabier P. Igrexas: “Así mataron antes de nacer a Área Metropolitana e así parece que queren deixar en coma a Mancomunidade e é claro que a veciñanza da área de Vigo merece moito máis”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG logra o acordo do Pleno para declarar Vigo como zona tensionada da vivenda

A moción aprobada da fronte nacionalista inclúe medidas para frear o aumento dos alugueiros, limitar a proliferación dos pisos turísticos e compromisos concretos para que os Gobernos local, galego e español despreguen alternativas ante este grave problema

Dende o Bloque afean o veto do Goberno de Caballero a conceder a Medalla da Cidade para a UNRWA e o seu sectarismo na designación das Viguesas e Vigueses Distinguidos

Ler novas
Novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG retrata no Pleno de Vigo a falla de xestión de Caballero por deixar 112 millóns sen gastar en 2023

A fronte nacionalista afea a continuada inexecución dos orzamentos do Concello por parte do Goberno local, que promete e anuncia as mesmas actuacións exercicio tras exercicio

Lamenta o voto en contra do grupo socialista ás 15 medidas propostas polo Bloque para destinar 100 millóns dos remanentes a atender as necesidades reais da cidade

Xabier P. Igrexas: “Non é aforro nin eficencia, falamos de 112 millóns de euros das viguesas e vigueses en promesas incumpridas que non retornan en forma de servizos”

¬ Critica o sectarismo do PSOE por impedir o debate dunha moción de urxencia polas represalias do PP na Deputación contra catro relatoras que apoiaron o BNG este 18F

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa

O BNG de Vigo propón mobilizar 100 millóns de remanentes con 15 medidas para atender as necesidades reais da cidade

A fronte nacionalista trasladará unha moción no Pleno municipal de febreiro con propostas para os remanentes “récord” do Concello, que no pasado ano 2023 ascenderon a 213 millóns de euros

Propoñen actuacións para fortalecer os servizos públicos, enfrontar o grave problema da vivenda e do empobrecemento social, mellorar as políticas culturais, deportivas e medioambientais e poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “Urxe mobilizar estes remanentes para evitar a bola de neve que nos últimos anos provocou unha acumulación sen precedentes de recursos sen gastar”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG reclama que a Xunta financie a bancada de Gol mais afea que Caballero use o Pleno de Vigo como “arma electoral”

O portavoz municipal nacionalista critica que o alcalde convoque unha sesión extraordinaria a menos dunha semana das eleccións galegas cando se ausenta reiteradamente das ordinarias para ir de tertuliano a televisións en Madrid

Lamenta que Caballero non teña promovido Plenos cando o Goberno de Pedro Sánchez dixo que non a proxectos chave para a cidade como a Saída Sur, o tren de cercanías ou a fábrica de baterías

Xabier P. Igrexas: “O BNG sempre estamos do lado da cidade, goberne quen goberne aquí, en Santiago ou en Madrid, algo que outros non poden dicir”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno xunto coa concelleira Ana Martínez e o edil Filipe Abalde

O BNG esixirá no Pleno de Vigo que a Xunta actúe fronte ás consecuencias da “marea plástica”

A fronte nacionalista demanda que se mobilicen máis recursos para limpar e protexer as praias e que se despreguen medidas para enfrontar as consecuencias no sector pesqueiro e marisqueiro

Xabier P. Igrexas: “Fronte ao nefasto guión de mentiras, manipulacións e incompetencia da Xunta do Partido Popular, o BNG seguimos a esixir unha resposta firme e enérxica por parte do Goberno galego para enfrontar esta nova crise ambiental"

Ler novas
Novas
Protesta dun traballador de Vitrasa no Pleno de Vigo

O BNG denuncia a “bunkerización e listas negras” impostas por Abel Caballero no Pleno de Vigo

A fronte nacionalista critica o “excesivo e inxustificado” dispositivo policial nos accesos á sesión plenaria deste xoves, con veciñas e veciños vetados sen explicacións

Afea que se lle negara tamén o acceso a persoas cando quedaban asentos baleiros mentres o PSOE ocupou unha parte importante do aforo con militantes e simpatizantes

Xabier P. Igrexas: “O alcalde segue sen entender que Vigo vai moi alén dos 19 asentos do PSOE, que as viguesas/es que non o votaron son tamén viguesas/es de primeira”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno xunto coa concelleira Ana Martínez e o edil Filipe Abalde

O BNG oponse á aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por desoír as alegacións veciñais

A fronte nacionalista cualifica no Pleno como o “maior acto de irresponsabilidade política” do Goberno de Caballero a aprobación dun documento urbanístico que foi elaborado e tramitado “na escuridade dos despachos e sen dialogar con ninguén”

Xabier P. Igrexas: “A resposta do Goberno municipal diante das alegacións é facer oídos xordos porque este Plan Xeral o vai decidir Abel Caballero e solo el”

Ler novas