transparencia
Novas

O BNG de Vigo lémbralle por carta a Caballero a súa obriga de asistir aos Plenos para evitar que “fuxa” do de Guns N’ Roses

A fronte nacionalista invoca o  Regulamento Orgánico do Pleno e a Lei de Administración Local de Galiza para instar ao rexedor a estar presente durante toda a sesión extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns

Diante da intención do Goberno municipal de “diluír” o Pleno extraordinario e para facilitar o debate o Bloque solicitou formalmente que se dupliquen os tempos de intervención

Xabier P. Igrexas: “Que o alcalde non cumpra coa súa obriga legal de asistencia, como ten sucedido de maneira reiterada, supón un inaceptábel desprezo en contra do máximo órgano de representación democrática da cidade que é o Pleno municipal”

Ler novas
Novas
Concerto de Guns N' Roses celebrado o 12 de xuño en Balaídos [Foto: Metropolitano.gal]

O Pleno, impulsado polo BNG, polo “escándalo” do concerto de Guns N’ Roses celebrarase o 25 de setembro

O alcalde, Abel Caballero, decretou unilateralmente e sen contactar cos grupos da oposición que a sesión extraordinaria se celebre a continuación do Pleno ordinario de setembro

As propostas a debate do Pleno inclúen a reprobación do alcalde pola “falla de transparencia e reiteradas falsidades”, crear unha Comisión Especial de Investigación e a comparecencia da concelleira de Contratación e Festas

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero segue tentando fuxir do escándalo que envolve o intento do seu Goberno de entregar, irregularmente, case 2 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N’ Roses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que o Goberno municipal se nega a informar sobre o “pantallazo” de Caballero no concerto de David Guetta

A fronte nacionalista presentará un recurso de reposición contra unha resolución que vulnera dereitos fundamentais e insiste na “opacidade antidemocrática”

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que o Goberno de Abel Caballero se negue a dar explicacións sobre un feito tan grave como é que se use un concerto pagado co diñeiro do Concello para enxalzar a imaxe do propio alcalde”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

Xabier P. Igrexas retruca a Font sobre Guns N’ Roses: “A cidade merece menos mentiras e máis transparencia”

O portavoz municipal do BNG Vigo insiste en que arestora continúa sen ter acceso aos 41 documentos e expedientes relacionados co concerto

A fronte nacionalista considera “raro e sospeitoso” que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna en outubro, e da que nunca falou o Goberno, se incorpore nun expediente en xuño

Xabier P. Igrexas: “Font dixo solemnemente que non houbo acordo previo coa promotora. Agardemos que nos vindeiros días ou semanas non acabe aparecendo algún outro documento, formal ou informal, ou outro tipo de proba que o refute. De suceder sería un punto de non retorno”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero constituír a Comisión de Vixilancia de Contratación do Concello

A fronte nacionalista insta o rexedor a deixar de incumprir o Regulamento Orgánico do Pleno que, no seu artigo 34.3, fixa como obrigatoria a creación dese órgano para a fiscalización da contratación municipal.

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal está pagando a empresas por facer menos traballo do contratado e sen respeitar nin as condicións fixadas nin os dereitos do seu persoal”.

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama coñecer o estado da tramitación das alegacións veciñais ao novo PXOM

A fronte nacionalista solicita garantías de que se van atender e responder todas as propostas de modificación ao instrumento urbanístico e esixe ao goberno de Abel Caballero un calendario sobre os próximos pasos.

Xabier P. Igrexas: «Non imos tolerar que a unha xestión pouco transparente e participativa na elaboración se engada agora opacidade coas alegacións»

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rol

O BNG de Vigo pide que a veciñanza tome a palabra sobre o novo PXOM que elaborou na “escuridade dos despachos” o Goberno municipal

A fronte nacionalista salienta o baixo número de alegacións presentadas até o momento como evidencia da falta de participación e transparencia do proxecto urbanístico.

Xabier P. Igrexas: “O PXOM presenta gravísimas afeccións, como viais que van tronzar parroquias como Bembrive e Beade ou máis dun milleiro de vivendas fóra de ordenación”.
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo acusa o Goberno municipal de esconder o documento de aprobación inicial do novo PXOM

A fronte nacionalista esixe o acceso a toda a documentación e demandará a comparecencia da equipa redactora do Plan Xeral na vindeira xuntanza do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Xabier P. Igrexas: “Non imos tolerar que o PXOM pase da escuridade dos despachos onde o estiveron elaborando a unha caixa forte para ocultarllo ás forzas políticas da oposición, ao tecido asociativo e ao conxunto da cidadanía".

Ler novas