auga
Novas

O BNG de Vigo propón iniciar o proceso de remunicipalización dos servizos de auga e bus urbano

A fronte nacionalista demanda que se realice unha auditoría das actuais concesións, que se poña en marcha unha comisión de estudo e se constitúa Empresa Pública Municipal de Servizos

Xabier P. Igrexas: “O 2025 é un ano chave e unha grande oportunidade para a cidade, porque rematarán ás prórrogas das concesións de Aqualia e Vitrasa, para poder poñermos baixo xestión pública servizos públicos de carácter esencial”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo pide convocar o Consello Sectorial de Medio Ambiente para abordar “con rigor e seriedade” o problema da auga

A fronte nacionalista critica a irresponsabilidade e frivolidade de PSOE e PP por “xogar coa auga das viguesas e vigueses” nun novo episodio do seu permanente pimpampum partidista.

Cualifican de “saídas en falso e agresións ambientais” as propostas de Caballero dun transvasamento ou dun novo encoro.

Xabier P. Igrexas:  “A solución de futuro e que garanta o subministro de auga pasa por un novo modelo de xestión da auga que aposte na racionalidade, na sustentabilidade ecolóxica e na xestión pública dun ben esencial”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de continuar cos baldeos de rúas malia asegurar que levan dúas semanas suspendidos

A fronte nacionalista cualifica de “tomadura de pelo” as declaracións do alcalde sobre as medidas fronte a unha eventual seca e reclama os informes que acreditan o anunciado aforro de auga conseguido polas humanizacións

O Bloque reitera a necesidade de realizar unha auditoría integral da rede de subministro para minimizar as perdas, un plan de xestión racional e sustentábel da auga en chave comarcal e avanzar cara unha xestión pública da auga

Xabier P. Igrexas: “É intragábel que mentres se seguen regando beirarrúas con auga de beber, Abel Caballero teime en alternativas ambientalmente insustentábeis como novos transvasamentos ou encoros”

[Vídeos que demostran as mentiras do alcalde no interior da nota]

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo demanda un novo modelo de xestión da auga fronte a ameaza ambiental de máis encoros ou transvasamentos

A fronte nacionalista reitera a necesidade dunha auditoría integral diante dos diferentes estudos que alertan de perdas dun 30% na rede de abastecemento.

Xabier P. Igrexas: “A solución nunha cidade que segue a baldear as rúas con auga potábel non pode ser apostarmos como primeira opción en actuacións que supoñen graves agresións ambientais”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG demanda un plan de xestión eficiente e sustentábel da auga en Vigo e rexeita reabrir o debate do trasvase

A fronte nacionalista pide executar unha auditoría fronte as elevadas perdas na rede de distribución que algúns estudos cifran preto do 40%.

Propón decretar restricións preventivas no uso masivo de auga en procesos como o rego de zonas axardinadas, o uso en fontes ornamentais e deixar de baldear as rúas con auga de beber.

Xabier P. Igrexas: “A solución para posíbeis problemas de abastecemento de auga non pasa por reabrir o debate sobre unha nova agresión ambiental en forma de trasvase”.

Ler novas
Novas
xpi auga

O BNG de Vigo alerta de que a estas alturas non se sabe cal será a tarifa da auga en 2021

_A modificación da ordenanza, aprobada en solitario polo Goberno municipal, inda non é definitiva ao non se ditaminar as alegacións veciñais nin se volver levar a Pleno.  

_A fronte nacionalista demanda un debate social amplo para reformar a ordenanza cunha nova tarifa dentro dun novo modelo de xestión pública dun ben esencial como é a auga.

Ler novas
Novas
pleno01

O BNG de Vigo alerta da “burla e estafa” da nova tarifa da auga e inicia unha campaña de denuncia nas redes

A fronte nacionalista mantivo un encontro telemático coa Asociación de Galega Consumidoras/es e Usuarias/os (Acouga), na que coincidiron nas súas críticas cara o novo recibo da auga.

Acouga anunciou que presentará unha alegación contra a modificación aprobada polo Goberno municipal e non descarta emprender outras accións pola vía administrativa ou xudicial.

O Bloque iniciou onte unha campaña de denuncia nas redes sociais baixo o lema “Nova tarifa da auga en Vigo? Mesma estafa!”.

Ler novas