axudas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno xunto coa concelleira Ana Martínez e o edil Filipe Abalde

O BNG denuncia que Caballero paraliza as axudas para libros para pagar unha parte delas antes das eleccións

A fronte nacionalista tacha de “escandaloso” este novo uso dos recursos do Concello para os intereses partidistas do rexedor, xerando un “prexuízo” para o 75% das familias

Xabier P. Igrexas: “É unha confirmación máis do carácter demagóxico e oportunista desta medida que o alcalde copiou do populismo fiscal das becas de Isabel Díaz Ayuso en Madrid”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo afea a “propaganda obscena” de Caballero coas axudas sociais cando recortou o orzamento á metade

A fronte nacionalista critica que o Goberno municipal presuma das axudas concedidas en 2023, cun importe medio de apenas 260 euros, mentres a cidade continúa a ter máis de 60 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza

Xabier P. Igrexas:
“Humanizar Vigo non é enfeitar as nosas rúas nin facer grandes obras, pasa por destinar moitos máis esforzos e recursos para que ninguén quede atrás”
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo emenda as “becas Ayuso” de Caballero para libros de texto

A fronte nacionalista rexeita a contía única fixada polo Goberno municipal e demanda que se asignen de maneira progresiva en función dos ingresos para “axudar máis a quen máis o necesite”

Piden que se exclúan os fogares con ingresos por acima dos 3.780 euros mensuais (3 veces o SMI) e que se dediquen só ao alumnado matriculado en centros públicos

Xabier P. Igrexas afea o “populismo demagóxico e oportunista” do alcalde e defende que “calquera axuda social para ser xusta ten que ser progresiva, para atender a realidade socioeconómica das familias”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo afea o “exhibicionismo” de Caballero coas axudas sociais e denuncia esperas de até dous meses

A fronte nacionalista censura a “indecente” utilización propagandística do Goberno municipal “presumindo” de resolver miles de axudas cando as recortou este ano nun 22%

Xabier P. Igrexas: “Do que debera ocuparse o alcalde é de reforzar os servizos sociais para que as máis vulnerábeis non teñan que agardar entre 6 e 10 semanas por unha cita”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG urxe axilizar as axudas escolares do Concello para evitar un novo “calvario” a miles de familias de Vigo

A fronte nacionalista reclama ao Goberno municipal que resolva as bolsas para libros de texto, material escolar e comedor coa “máxima rapidez”, diante da demora do pasado curso

Xabier P. Igrexas: “Un Concello que deixou 152 millóns sen gastar en 2022 non pode ter a 4 mil familias esperando por unhas axudas fundamentais neste contexto de inflación” 

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón un programa municipal de alimentos diante do agravamento da crise e da pobreza

A fronte nacionalista insiste en redobrar esforzos desde o Concello para protexer aos sectores máis vulnerábeis destinando máis de 1,8 millóns de euros a este programa, a mesma cantidade que o Goberno municipal quere dedicar a subvencionar voos a Londres

Xabier P. Igrexas: “Facémolo na certeza de que as familias empobrecidas de Vigo merecen ben máis as axudas públicas do Concello que as grandes empresas aéreas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo cuestiona que non se destine “nin un só euro” a medidas fronte á crise dos 32 millóns de crédito extraordinario

A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións no Pleno de como vai executar no orzamento de 2022 esta modificación que entra en vigor o 16 de decembro

Xabier P. Igrexas: “O alcalde foi incapaz de xustificar por que incorpora un suplemento de 2,5 millóns de euros para a dopaxe publicitaria da marca Caballero”

Ler novas